Examinado o expediente instruído por instancia de Joaquín Antonio Pedro da Veiga , na súa calidade de representante legal de Minho Expresso Viagens Galicia, S.L., titular de Minho Expresso Viagens Galicia, S.L. en solicitude de concesión do oportuno título-licencia da axencia de viaxes do grupo retallista, sita na praza de Compostela, nº 29 baixo, de Vigo.
Resultando que, coa referida solicitude achegouse toda a documentación que se indica no artigo 6 do Decreto 42/2001, do 1 de febreiro, de refundición en materia de axencias de viaxes, guías de turismo e turismo activo.
Considerando que na empresa solicitante concorren tódalas condicións esixidas polo Decreto 42/2001, do 1 de febreiro, para a obtención do
título-licencia de axencia de viaxes do grupo retallista.
Considerando que na tramitación do expediente observáronse tódolos requisitos e formalidades establecidos legal e regulamentariamente.
Vistos a Lei 9/1997, do 21 de agosto, de ordención e promoción do turismo en Galicia e o Decreto 42/2001, do 1 de febreiro, de refundición en materia de axencias de viaxes, guías de turismo e turismo activo, esta Dirección Xeral de Turismo
RESOLVE:
Conceder título-licencia de axencia de viaxes do grupo retallista co XG-201, a Minho Expresso Viagens Galicia, S.L., con casa central na praza de Compostela, nº 29 baixo, de Vigo, da que é titular Minho Expresso Viagens Galicia, S.L., que poderá exerce-la súa actividade mercantil a partir da data de publicación desta resolución no DOG, con suxeición ó preceptuado no Decreto 42/2001, do 1 de febreiro, de refundición en materia de axencias de viaxes, guías de turismo e turismo activo. A dita axencia quedará inscrita no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma galega.
Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.
Previamente poderá interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da publicación de presente resolución no DOG.
Todo iso sen prexuízo da posibilidade de interpoñer recurso extraordinario de revisión nos supostos e prazos previstos no artigo 118 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
Santiago de Compostela, 22 de novembro de 2001.
P.D. (Orde 12-1-1998)
María A. Antón Vilasánchez
Directora xeral de Turismo