Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Luns, 24 de decembro de 2001 Páx. 16.397

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

CÉDULA do 24 de outubro de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, de notificación da iniciación de expedientes sancionadores ós titulares de ascensores sen porta na cabina que se citan.

A orde da Consellería de Industria e Comercio do 6 de xullo de 1993 (Diario Oficial de Galicia do 28 de xullo de 1993) establecía a obriga de instalar portas en cabina en tódolos ascensores carentes delas. O prazo de instalación das portas rematou o 29 de xullo de 1997.

De acordo cos datos que constan nesta delegación os ascensores que na lista anexa se indican carecen de portas en cabina.

O incumprimento da obriga de instalar portas en cabina é unha das faltas tipificadas como graves de acordo co artigo 21 do vixente Regulamento de aparellos elevadores e manutención, e pode ser sancionado, non só cunha sanción económica, senón coa paralización do aparello ata a corrección das causas que motivaron a suspensión.

De conformidade co disposto nos artigos 59.4º e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do proce

demento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), faise pública notificación da iniciación dos expedientes sancionadores que se indican, instruídos pola Delegación Provincial de Pontevedra da Consellería de Industria e Comercio, ás persoas ou entidades que constan como titulares dos ascensores que de seguido se relacionan, xa que, tentado notificarlles no seu último domicilio coñecido, non foi posible.

Os correspondentes expedientes constan na Delegación Provincial de Pontevedra da Consellería de Industria e Comercio, perante a cal os asiste o dereito de alegaren por escrito o que na súa defensa coiden conveniente, coa achega ou proposición das probas que consideren axeitadas, dentro do prazo de quince días hábiles, contados desde o seguinte á publicación da presente cédula no Diario Oficial de Galicia.

Transcorrido o dito prazo sen facer uso dese dereito para formular alegacións e/ou aportar ou propoñer probas, dictaranse as oportunas resolucións.

Pontevedra, 24 de outubro de 2001.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra

NRAETitularEnderezo do titularLocalización ascensor

206Mur Paula BertaGran Vía, 24, VigoGran Vía, 24, Vigo

318Gándara Blanco CamiloAlfonso XIII, 52, VigoAlfonso XIII, 52, Vigo

612Comunidade de propietariosBenito Corbal, 66, PontevedraBenito Corbal, 66, Pontevedra

625Comunidade de propietariosHernán Cortés, 6, VigoHernán Cortés, 6, Vigo

1712Prop Alqui y Adminis Pala, S.A.Avenida de Madrid, 18, SanxenxoAvenida de Madrid, 18, Sanxenxo

1715Comunidade de propietariosJoaquín Costa, 26, PontevedraJoaquín Costa, 26, Pontevedra

1906Herdeiros de Víctor MontesPi y Margall, 91, VigoPi y Margall, 91, Vigo

1985Herdeiros S. García CuencaGran Vía, 108, 7k, VigoArenal, 16, Vigo

2163Comunidade de propietariosPríncipe, 49, VigoPríncipe, 49, Vigo

2807Comunidade de propietariosJavier Puig, 6, PontevedraJavier Puig, 6, Pontevedra

3610Comunidade de propietariosPraza de Xoán XIII, 9, Vilagarcía de ArousaPraza de Xoán XIII, 9, Vilagarcía de Arousa

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E

DSENVOLVEMENTO RURAL