Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Luns, 24 de decembro de 2001 Páx. 16.392

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 30 de outubro de 2001, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 01/125-2, 5702 A.T.).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no capítulo VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Concello de Alfoz.

Domicilio social: Castro s/n, 27773 Alfoz.

Denominación: L.M.T. planta depuradora.

Situación: Alfoz.

Características técnicas: L.M.T. aérea a 20 kV, con lonxitude de 400 m conductor tipo-56, con orixe en L.M.T. de Carballido e final no transformador da estación depuradora. C.T. aéreo de 160 kVA de potencia e relación de transformación 20.000/380-220 V. L.M.T. subterránea.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Lugo, 30 de outubro de 2001.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo