Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Luns, 24 de decembro de 2001 Páx. 16.391

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 9 de novembro de 2001, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 01/468).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a informa

ción pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Electra del Gayoso, S.L.

Domicilio social: Casais, 20 Vimianzo.

Denominación: L.M.T.S. desde subestación Fenosa a C.T. Casais.

Situación: Vimianzo.

Características técnicas: L.M.T. subterránea a 20 kV de 2.360 m de lonxitude en conductor R.H.V. 18/30 kV de 240 mm Al, que parte da subestación de Vimianzo e final no C.S. de Casais expediente 52.078 e reforma deste para empate de liñas. Concello de Vimianzo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examina-lo expediente e presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 9 de novembro de 2001.

Manuel Estévez Mengotti

Delegado provincial da Coruña en funcións