Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Venres, 21 de decembro de 2001 Páx. 16.342

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

CÉDULA do 22 de novembro de 2001, da Delegación Territorial de Vigo, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador PESAN1 2000/001156-5.

De conformidade co disposto no artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), notifícaselles ás persoas que a continuación se relacionan a resolución do expediente instruídos por infracción da Lei 6/1991, do 15 de maio, de infraccións en materia de protección de recursos marítimo-pesqueiros (DOG nº 99, do 27 de maio).

Os interesados dispoñen dun prazo de dez días, contado a partir do día seguinte ó da publicación deste edicto, para examina-lo expediente e interpoñer, dentro do prazo que en cada caso se estableza, o recurso pertinente.

Os expedientes relacionados a seguir atópanse á disposición dos interesados na citada Delegación Territorial de Vigo; r/ Palma, 4.

Nº de expediente: PESAN1 2000/001156-5.

Denunciado: Juan Manuel Búa Platis.

DNI: 35449888.

Enderezo: Saralegui, 7, Vilaxoán-Vilagarcía de Arosa.

Precepto infrinxido: 5.3º, 6.12º.

Sanción: 30.001 pesetas/180,31 euros.

De conformidade co previsto na orde de Economía e Facenda do 22 de maio de 1987 (DOG nº 104, do 3 de xuño), as devanditas sancións deberán ser aboadas na c/c nº 2091/0501/66/3110000041 da Caixa de Aforros de Galicia, oficina principal de Vigo. Título da conta Tesouro da Facenda galega. Conta restrinxida da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura. Recadación de multas e sancións, nos prazos establecidos no Regulamento xeral de recadación. No suposto de non ser aboadas procederase, sen máis trámite, ó seu cobramento pola vía de constrinximento regulamentaria.

Vigo, 22 de novembro de 2001.

Rosa Mª Quintana Carballo

Delegada territorial de Vigo