Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Venres, 21 de decembro de 2001 Páx. 16.339

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 1 de outubro de 2001, da Dirección Xeral de Industria, pola que se somete a información pública o proxecto de explotación, o estudio de impacto ambiental e o plan de restauración da solicitude de aproveitamento de recursos da sección A) Rilo, número 349, da provincia de Ourense.

O artigo 5.2º do Decreto 442/1990, de avaliación do impacto ambiental para Galicia (DOG nº 188, do 25 de setembro), dispón que os estudios de impacto ambiental se someterán ó trámite de información pública, durante trinta días hábiles, mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia. Na súa virtude,

RESOLVO:

Someter a información pública, por un prazo de trinta días hábiles, contados a partir da publicación da presente resolución, o proxecto de explotación, o estudio de impacto ambiental e o plan de restauración da solicitude de aproveitamento de recur

sos da sección A) Rilo, nº 349, situada en terreos do concello de Leiro, provincia de Ourense, e solicitado por Etelvino Lorenzo Meiriño.

Para os efectos informativos porase á disposición dos administrados que o soliciten un exemplar deste para consulta nas oficinas desta dirección xeral así como nas dependencias da Delegación Provincial de Industria correspondente e as alegacións formularanse durante o prazo sinalado nas mesmas oficinas.

Santiago de Compostela, 1 de outubro de 2001.

Ramón Ordás Badía

Director xeral de Industria