Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Venres, 21 de decembro de 2001 Páx. 16.338

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 5 de novembro de 2001, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 01/431).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: L.M.T. C.T. R.B.T. Santo Domingo.

Situación: Teo.

Características técnicas: L.M.T. aérea a 20 kV sobre apoios de formigón e con conductor LA-56, de 114 m de lonxitude, con orixe na torre metálica da liña que alimenta o C.T. autopista peaxe e final no C.T. Santo Domingo. Centro de transformación tipo intemperie de 50 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 kV en Santo Domingo, do que parte rede de baixa tensión, sobre apoios de formigón e conductor R.Z., de 585 m de lonxitude, que discorre polo lugar de Teo. Concello de Teo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examina-lo expediente e presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 5 de novembro de 2001.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña