Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Venres, 21 de decembro de 2001 Páx. 16.331

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

RESOLUCIÓN do 11 de decembro de 2001 pola que se sinala a data dunha poxa de bens inmobles.

Autorizado por acordo desta dirección xeral, con data do 11 de outubro de 2001, o alleamento en poxa pública do ben inmoble embargado no procedemento de constrinximento pola zona de recadación de Lugo como da propiedade do debedor Castro Martínez, Antonio (NIF: 33748103-L) que a continuación se describe:

Lote 1:

Predio 8.777, tomo 225, libro 102, folio 23. Rústica Pena Edrade na parroquia da Torre, municipio de Vilalba. Casa de planta baixa e alta que mide 51,72 m e terreo de 56 centiáreas e un pendello.

Valor: 2.487.122 pesetas (14.947,90 euros).

Cargas: 2.619.558 pesetas (15.743,86 euros).

Tipo: 133.684 pesetas (803,46 euros).

Lote 2:

Predio 8.778, tomo 225, libro 102, folio 25. Rústica Cortiña. Labradío sito na parroquia da Torre, municipio de Vilalba, cunha superficie de 10,50 áreas.

Valor: 787.500 pesetas (4.732,97 euros).

Cargas: 449.546 pesetas (2.701,83 euros).

Tipo: 337.954 pesetas (2.031,14 euros).

Lote 3:

Predio 10.172, tomo 250, libro 112, folio 19. Rústica Do Pasadoiro. Labradío sito na parroquia da Torre, municipio de Vilalba, de 6,96 áreas.

Valor: 139.200 pesetas (836,61 euros).

Cargas: 223.014 pesetas (1.340,34 euros).

Tipo: 133.684 pesetas (803,46 euros).

Lote 4:

Predio 10.173, tomo 250, libro 112, folio 21. Rústica Penelada. Labradío sito na parroquia da Torre, municipio de Vilalba, cunha superficie de 5 áreas.

Valor: 100.000 pesetas (601,01 euros).

Cargas: 179.234 pesetas (1.077,22 euros).

Tipo: 100.000 pesetas (601,22 euros).

Lote 5:

Predio 10.174, tomo 250, libro 112, folio 21. Rústica Fonte. Prado e regadío sito na parroquia da Torre, municipio de Vilalba, cunha superficie de 1,50 áreas.

Valor: 52.500 pesetas (315.53 euros).

Cargas: 55.753 pesetas (335,08 euros).

Tipo: 52.500 pesetas (315.53 euros).

Lote 6:

Predio 10.175, tomo 250, libro 112, folio 22. Rústica Fonte. Prado sito na parroquia da Torre, municipio de Vilalba, cunha superficie de 4,43 áreas.

Valor: 155.050 pesetas (931,87 euros).

Cargas: 127.222 pesetas (764,62 euros).

Tipo: 27.828 pesetas (167,25 euros).

Lote 7:

Predio 10.176, tomo 250, libro 112, folio 23. Rústica Fonte. Prado sito na parroquia da Torre, municipio de Vilalba cunha superficie de 2,93 áreas

Valor: 102.550 pesetas (616,34 euros).

Cargas: 87.558 pesetas (526,23 euros).

Tipo: 14.992 pesetas (90,10 euros).

E, de conformidade coa competencia atribuída polo artigo 7.1º f) do Decreto 51/2000, do 25 de febreiro, polo que se establece a organización recadatoria da Xunta de Galicia e o Estatuto dos recadadores de zona,

DISPOÑO:

Que o día 22 de xaneiro de 2002 ás 11 horas, na sala de xuntas da Delegación Territorial da Consellería de Economía e Facenda en Lugo; r/ Ronda da Muralla, nº 70, baixo a presidencia do delegado territorial da Consellería de Economía e Facenda de Lugo, se celebre a dita poxa.

Así mesmo, e en cumprimento do disposto no artigo 146 do Regulamento xeral de recadación, faise consta-lo seguinte:

Primeiro.-Que consta en poder da zona de recadación de Lugo o expediente de constrinximento no que consta a titularidade dos bens poxados e o estado das súas cargas e gravames, onde poden ser examinados, debendo conformarse con eles, sen ter dereito a esixir outros, e que as cargas e gravames subsistentes, se os houbese, ó crédito dos executantes, continuarán subsistindo, entendéndose que o rematante os acepta e queda subrogado nas súas responsabilidades dos mesmos, sen destinarse a súa extinción o prezo do remate.

Segundo.-Que a poxa se suspenderá en calquera momento anterior á adxudicación de bens, se se fai o pagamento da débeda, xuros e custas do procedemento.

Terceiro.-Os licitadores poderán enviar ou presenta-las súas ofertas en sobre pechado desde o anuncio de poxa ata unha hora antes do comezo desta, sen prexuízo de que poidan participar persoalmente na licitación con ofertas superiores á do sobre. As ditas

ofertas, que terán o carácter de máximas, serán rexistradas no Rexistro da Delegación Territorial da Consellería de Economía e Facenda de Lugo, e deberán ir acompañadas de cheque conformado, expedido a favor do Tesouro da Facenda Pública de Galicia polo importe do depósito.

Cuarto.-Que todo licitador deberá constituír ante a mesa de poxa o preceptivo depósito de garantía, que será polo menos do 20 por 100 do tipo daquela, coa advertencia de que o dito depósito se ingresará en firme no Tesouro se os adxudicatarios non satisfán o prezo do remate, sen prexuízo das responsabilidades en que incorrerán polos maiores prexuízos que sobre o importe orixine a inefectividade da adxudicación.

Quinto.-No caso de que non resulten adxudicados os bens nunha primeira licitación a mesa de poxa poderá realizar unha segunda licitación, se o xulga procedente, fixando o novo tipo de poxa no 75% do importe da primeira licitación, ou ben anunciará a iniciación do trámite de adxudicación directa que se levará a cabo de acordo co artigo 150 do Regulamento xeral de recadación.

Sexto.-Que o rematante ten a obriga de entregar no acto da adxudicación ou dentro dos cinco días seguintes, a diferencia entre o depósito constituído e o prezo de adxudicación.

Sétimo.-Se quedasen bens sen adxudicar, iniciarase o trámite de adxudicación directa, por un prazo máximo de seis meses, podéndose presentar ofertas en sobre pechado, a partir dese momento, á mesa de poxa.

A mesa de poxa abrirá as ofertas presentadas ó remate do prazo do mes desde o seu inicio, podendo proceder á adxudicación dos bens se algunha delas se considera suficiente nese momento. En caso contrario, anunciarase a extensión dun mes máis para a presentación de novas ofertas, ou mellora das xa existentes, sen prexuízo da validez das ofertas presentadas ata ese momento, e así sucesivamente co límite total de seis meses.

O prezo mínimo de adxudicación directa será o tipo de poxa en primeira licitación cando non se considerase procedente celebrar unha segunda licitación; se existira segunda licitación non haberá prezo mínimo.

Oitavo.-A Consellería de Economía e Facenda reserva para si o dereito de pedi-la adxudicación para a Comunidade Autónoma de Galicia, do ben que non fora obxecto de venda, conforme o establecido no artigo 158 do Regulamento xeral de recadación.

Noveno.-O procedemento de constrinximento soamente se suspenderá nos termos e condicións sinalados nos artigos 135 e 136 da Lei xeral tributaria e 101 do Regulamento xeral de recadación.

En todo o non previsto neste anuncio haberá de aterse ó preceptuado nas disposicións legais que regulen o acto.

Santiago de Compostela, 11 de decembro de 2001.

María Casais Mira

Directora xeral de Tributos