Autorizado por acordo desta dirección xeral, do 16 de outubro de 2001, o alleamento en pública poxa dos bens inmobles embargado, no procedemento de constrinximento pola zona de recadación de Lugo, como da propiedade do debedor Manuel García López (NIF 76612548-P) que a continuación se describe:
Lote 1:
Predio rústico no municipio de Samos, lugar de Santa Xertrude de Samos. Nome: monte das Bouzas Pequenas, cunha superficie de 2 hectáreas, 33 áreas e 90 centiáreas. Cultivo monte. Predio 4.765, tomo 313, libro 47, folio 235.
Valor: 935.600 pesetas (5.623,07 euros).
Cargas: non constan.
Tipo: 935.600 pesetas (5.623,07 euros).
Lote 2:
Predio rústico no municipio de Samos, lugar de Santa Xertrude de Samos. Nome: monte do Cano, superficie 57 áreas, 60 centiáreas. Cultivo toxeira e piñeiral. Predio 4.766, tomo 313, libro 47, folio 236.
Valor: 288.000 pesetas(1.730,91 euros).
Cargas: sen cargas.
Tipo: 288.000 pesetas (1.730,91 euros).
Lote 3:
Predio rústico no municipio de Samos, lugar de Santa Xertrude de Samos. Nome: Devesa do Agro, superficie 25 áreas. Cultivo carballo. Predio 4.767, tomo 313, libro 47, folio 237.
Valor: 125.000 pesetas (751,27 euros).
Cargas: sen cargas.
Tipo: 125.000 pesetas (751,27 euros).
Lote 4:
Predio rústico no municipio de Samos, lugar de Santa Xertrude de Samos. Nome: Leira do Agro, superficie 32 áreas, cultivo pasteiro. Predio 4.768, tomo 313, libro 47, folio 238.
Valor: 320.000 pesetas (1.923,24 euros).
Cargas: no constan.
Tipo: 320.000 pesetas (1.923,24 euros).
E, de conformidade coa competencia atribuída polo artigo 7.1º f) do Decreto 51/2000, do 25 de febreiro, polo que se establece a organización recadatoria da Xunta de Galicia e o Estatuto dos recadadores de zona,
DISPOÑO:
Que o día 22 de xaneiro de 2002, ás 10 horas, na sala de xuntas da Delegación Territorial da Consellería de Economía e Facenda en Lugo; r/ Ronda da Muralla, nº 70, baixo a presidencia do delegado territorial da Consellería de Economía e Facenda de Lugo, teña lugar a dita poxa.
Así mesmo, e en cumprimento do disposto no artigo 146 do Regulamento xeral de recadación, faise consta-lo seguinte:
Primeiro.-Que consta en poder da zona de recadación de Lugo o expediente de constrinximento no que consta a titularidade dos bens poxados e o estado das súas cargas e gravames, onde poden ser examinados, debendo conformarse con eles, sen ter dereito a esixir outros, e que as cargas e gravames subsistentes, se os houbese, ó crédito dos executantes, continuarán subsistindo, entendéndose que o rematante os acepta e queda subrogado nas súas responsabilidades, sen destinarse á súa extinción o prezo do remate.
Segundo.-Que a poxa se suspenderá en calquera momento anterior á adxudicación de bens, se se fai o pagamento da débeda, xuros e custas do procedemento.
Terceiro.-Os licitadores poderán enviar ou presenta-las súas ofertas en sobre pechado desde o anuncio de poxa ata unha hora antes do comezo desta, sen prexuízo de que poidan participar persoalmente na licitación con ofertas superiores á do sobre. As ditas ofertas, que terán o carácter de máximas, serán rexistradas no Rexistro da Delegación Territorial da Consellería de Economía e Facenda de Lugo, e deberán ir xunto cun cheque conformado, estendido a favor do Tesouro da Facenda Pública de Galicia, polo importe do depósito.
Cuarto.-Que todo licitador deberá constituír ante a mesa de poxa o preceptivo depósito de garantía, que será polo menos do 20 por 100 do tipo daquela, coa advertencia de que o dito depósito se ingresará en firme no Tesouro se os adxudicatarios non satisfán o prezo do remate, sen prexuízo das responsabilidades en que incorrerán polos maiores prexuízos que sobre o importe orixine a inefectividade da adxudicación.
Quinto.-No caso de que non resulten adxudicados os bens nunha primeira licitación, a mesa de poxa poderá realizar unha segunda licitación, se o xulga procedente, fixando o novo tipo de poxa no 75% do importe da primeira licitación, ou ben anunciará a iniciación do trámite de adxudicación directa, que se levará a cabo de acordo co artigo 150 do Regulamento xeral de recadación.
Sexto.-Que o rematante ten a obriga de entregar no acto da adxudicación, ou dentro dos cinco días seguintes, a diferencia entre o depósito constituído e o prezo de adxudicación.
Sétimo.-Se quedasen bens sen adxudicar, iniciarase o trámite de adxudicación directa, por un prazo máximo de seis meses, podéndose presentar ofertas en sobre pechado, a partir dese momento, á mesa de poxa.
A mesa de poxa abrirá as ofertas presentadas ó remate do prazo do mes desde o seu inicio, podendo proceder á adxudicación dos bens se algunha delas se considera suficiente nese momento. En caso contrario, anunciarase a extensión dun mes máis para a presentación de novas ofertas, ou mellora das xa existentes, sen prexuízo da validez das ofertas pre
sentadas ata ese momento, e así sucesivamente co límite total de seis meses.
O prezo mínimo de adxudicación directa será o tipo de poxa en primeira licitación cando non se considerase procedente realizar unha segunda licitación; se existise segunda licitación, non haberá prezo mínimo.
Oitavo.-A Consellería de Economía e Facenda reserva para si o dereito de pedi-la adxudicación para a Comunidade Autónoma de Galicia do ben que non fose obxecto de venda, conforme o establecido no artigo 158 do Regulamento xeral de recadación.
Noveno.-O procedemento de constrinximento soamente se suspenderá nos termos e condicións sinalados nos artigos 135 e 136 da Lei xeral tributaria e 101 do Regulamento xeral de recadación.
En todo o non previsto neste anuncio haberá que aterse ó preceptuado nas disposicións legais que regulen o acto.
Santiago de Compostela, 11 de decembro de 2001.
María Casais Mira
Directora xeral de Tributos