Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Venres, 21 de decembro de 2001 Páx. 16.328

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 11 de decembro de 2001, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se aproban e se fan públicas as relacións provisionais de admitidos e excluídos ás probas selectivas para o ingreso no corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia (grupo B), escala de enxeñeiros técnicos de obras públicas.

De conformidade co establecido no artigo 12 do Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia e na base I.4 das que rexen o proceso selectivo convocado pola orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 8 de outubro de 2001, publicada no Diario Oficial de Galicia número 199, do 15 de outubro, esta dirección xeral

RESOLVE:

Aproba-las listas provisionais de admitidos e excluídos ás probas selectivas para o ingreso no corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia (grupo B), escala de enxeñeiros técnicos de obras públicas.

A lista de aspirantes admitidos estará exposta nos taboleiros de anuncios da Consellería da Presidencia e Administración Pública e nos das súas delegacións provinciais, no da Delegación Territorial da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura en Vigo e nas oficinas comarcais da Xunta de Galicia.

Para efectos de información o teléfono de contacto é o 902 12 00 12, das 9 ás 19 horas de luns a venres e das 9 ás 14 horas os sábados.

Así mesmo, publícase a lista de excluídos, que figura como anexo a esta resolución.

Os aspirantes excluídos disporán dun prazo de dez días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución, para emenda-lo defecto que motivase a exclusión.

Os aspirantes que, dentro do prazo sinalado, non corrixan os defectos motivo da exclusión serán definitivamente excluídos.

Os aspirantes que non figuren na lista de admitidos nin na de excluídos disporán do mesmo prazo, co obxecto de formularen reclamación.

Santiago de Compostela, 11 de decembro de 2001.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública

ANEXO

NOMEDNIEXCLUSIÓN

REIGOSA CASTRO, MARIA3331847255

CAUSAS DE EXCLUSIÓN

55 NON CUMPRI-LO REQUISITO DE TITULACIÓN