Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Venres, 21 de decembro de 2001 Páx. 16.303

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ORDE do 20 de novembro de 2001 pola que se declara a alienabilidade de varios bens inmobles procedentes do patrimonio das extintas cámaras agrarias locais de Paderne, Mañón, Baralla, Cospeito, Vilar de Barrio e Ribadumia.

Polo Decreto 207/2001, do 27 de agosto (DOG nº 180, do 17 de setembro), desafectáronse varios inmobles que integraban o patrimonio das extintas cámaras agrarias locais de Paderne, Mañón, Baralla, Cospeito, Vilar de Barrio e Ribadumia.

Unha vez obtida a inscrición nos correspondentes rexistros da propiedade dos ditos bens inmobles a nome da Comunidade Autónoma de Galicia, procede declara-la súa alienabilidade de conformidade co disposto no artigo 24 da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, e artigo 60 do Decreto 50/1989, do 9 de marzo, polo que se aproba o seu regulamento, co obxecto de posibilita-lo tráfico destes bens patrimoniais.

En virtude do anteriormente exposto, tendo en conta a proposta da Secretaría Xeral e do Patrimonio, e logo do informe da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, hoxe Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria,

DISPOÑO:

Artigo único.

Declárase a alienabilidade dos bens inmobles que se describen a continuación:

1. Edificio de planta baixa de 49 m aproximadamente, construído sobre un soar de 130 m, no

lugar de Campolongo ou do Transformador, situado na parroquia de Adragonte, municipio de Paderne. Estrema: norte, en liña de 11,5 m, predio de onde se segrega; sur, en liña de 7,5 m, camiño e transformador da luz; leste, en liña de 11,5 m, predio do que se segrega; e oeste, en 13,7 m, Germán Cal Lorenzo.

Inscrito no Rexistro da Propiedade de Betanzos no tomo 1.452, libro 118, folio 118, predio nº 10.134A, inscrición 4ª.

2. Construcción dedicada a centro de inseminación artificial que ocupa a totalidade do seu soar de 28 m aproximadamente, no lugar da Fonte ou Borreiros, situado na parroquia de Souto, municipio de Paderne. Estrema: norte, resto do predio matriz; sur, en liña de 3,5 m, camiño de carro; leste, cómaro e prado de José Gabín, regato no medio; e oeste, resto do predio matriz.

Inscrito no Rexistro da Propiedade de Betanzos no tomo 1.452, libro 118, folio 120, predio nº 10.135A, inscrición 4ª.

3. Edificio formado por baixo, primeiro e faiado, cunha superficie total construída de 183 m, que se asenta sobre un predio de 175 m, ó que chamaban Chao das Lamelas, hoxe praza do Mesón nº 8, parroquia de Mogor, municipio de Mañón (A Coruña). Estrema: norte, camiño, hoxe praza; sur, herdeiros de Antonio Castaño, hoxe Claudio Rivera Casal; leste, camiño; e oeste, Carmen Montenegro, hoxe Arsenio Álvarez González.

Inscrito no Rexistro da Propiedade de Ortigueira no tomo 438, libro 43, folio 170, predio nº 4.992, inscrición 4ª.

4. Edificio de planta baixa e alta, que ten unha superficie total construída de 208 m, que ocupa a totalidade do soar sobre o que se encrava que, segundo recentes medicións, ten unha cabida de 104 m, situado actualmente na rúa Irmáns Díaz Moreno nº 8, da vila e termo municipal de Baralla (Lugo). Estrema hoxe: norte, Agro de Fabeiro e casa de Ángel Álvarez López; sur, Concello de Baralla (Casa Socio-Cultural e Xuvenil); leste, Mª Cruz Fernández Fernández, antes Concello de Baralla; e oeste, rúa Irmáns Díaz Moreno.

Inscrito no Rexistro da Propiedade de Becerreá no tomo 430, libro 84, folio 163, predio nº 5.109, inscrición 4ª.

5. Edificio de planta baixa, dous andares e faiado, de 200, 159, 159 e 83 m por planta respectivamente, o que fai un total de 601 m construídos sobre unha parcela de terreo de 273 m, situado actualmente na avenida do Xeneralísimo, parroquia de Santa Cristina, municipio de Cospeito (Lugo). Estrema: norte e sur, en liña de 21 metros co predio do que se segrega; leste, liña de trece metros con estrada de Rábade e Moncelos; e oeste, en liña igual á anterior, con camiño público que da Feira do Monte conduce ó Agro de Ardilleiros.

Inscrito no Rexistro da Propiedade de Vilalba no tomo 150, libro 21, folio 198, predio nº 1.934, inscrición 3ª.

6. Edificio de planta baixa, que ocupa a totalidade do soar de 100 m sobre o que se asenta, no sitio ó que chaman Solares del Toral, hoxe avenida San Fiz, nº 51, municipio de Vilar de Barrio (Ourense). Estrema o conxunto: norte, predio matriz, terreo municipal; sur, predio matriz, hoxe Eloy Dacal Janeiro; leste, estrada de Vilar de Barrio ós Milagres, hoxe avda. San Fiz; e oeste, predio matriz, hoxe monte comunal.

Inscrito no Rexistro da Propiedade de Allariz no tomo 278, libro 29, folio 123, predio nº 4.149, inscrición 3ª.

7. Predio situado no lugar de Escusa, nº 11, hoxe nº 25, da parroquia e municipio de Ribadumia, que ten unha supeficie total duns 500 m e sobre o que existen dúas edificacións de planta baixa, unha que ten enfronte a estrada de Caldas de Reis que mide 181 m, e outra cara ó oeste da parcela de 99 m. Este predio correspóndese cunha zona excluída do proceso de concentración parcelaria da parroquia de Ribadumia, quedando actualmente cos seguintes lindeiros: norte e oeste, parcela nº 743, masa sobrante de concentración parcelaria; sur, parcela sobrante de concentración nº 743 e parcela nº 742 adxudicada a Manuel Núñez Pintos; e leste ou fronte, coa estrada de Noalla a Caldas de Reis.

Inscrito no Rexistro da Propiedade de Cambados no tomo 1.025, libro 75, folio 167, predio nº 9.996, inscrición 1ª.

Santiago de Compostela, 20 de novembro de 2001.

P.D. (Orde 13-12-1993)

Emilio Álvarez Rey

Secretario xeral e do Patrimonio da Consellería

de Economía e Facenda