Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Xoves, 20 de decembro de 2001 Páx. 16.296

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

AXENCIA TRIBUTARIA

EDICTO do 7 de decembro de 2001, da Dependencia de Recadación da Coruña, de notificación de providencia de constrinximento.

De conformidade co que establece o artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, modificada polo artigo 28 da Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, e non sendo posible notifica-lo procedemento que se relaciona, malia os dous intentos realizados, cítase o interesado que figura

neste anuncio, para que, no prazo de dez días contados a partir do seguinte ó desta publicación, pase a retirar, persoalmente ou mediante representante, as notificacións correspondentes na Delegación Especial da AEAT de Galicia, sita na rúa Comandante Fontanes, 10, da Coruña.

Transcorrido o citado prazo sen a comparecencia, a notificación entenderase producida para tódolos efectos legais desde o día seguinte ó do vencemento do prazo antes sinalado.

A Coruña, 7 de decembro de 2001.

César Pintado Monleón

Xefe de Unidade da Dependencia Rexional

de Recadación

ANEXO

Interesado: Construcciones Suárez Agra, S.A.

NIF: A15017148.

Procedemento: poxa.

Órgano de tramitación: Dependencia Rexional de Recadación.

Lugar de comparecencia: Dependencia Rexional de Recadación. Delegación Especial da AEAT en Galicia. R/ Comandante Fontanes, 10-5ª (A Coruña).