Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Xoves, 20 de decembro de 2001 Páx. 16.295

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VILAGARCÍA DE AROUSA

ANUNCIO.

A Comisión Municipal de Goberno, en sesión do día 15 de outubro de 2001, acordou aprobar inicialmente o estudio de detalle para ordenación de parcela na rúa Ramón Otero Pedrayo (Os Duráns), redactado polo arquitecto Manuel J. Freijeiro Martínez e promovido por Ramón García Costoya e Perfecto Peiteado Santiso.

De conformidade co establecido no artigo 44.3º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, este estudio de detalle estará exposto ó público nas oficinas municipais da secretaría, durante o prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, podendo presentarse reclamacións ou alegacións no mesmo prazo.

Vilagarcía de Arousa, 19 de outubro de 2001.

Joaquín Javier Gago López

Alcalde