Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Xoves, 20 de decembro de 2001 Páx. 16.292

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 12 de decembro de 2001 pola que se anuncia concurso público e procedemento aberto, mediante tramitación ordinaria, para a contratación da xestión do servicio que se cita. (Expediente 202/2001).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Universidade de Vigo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Xestión Económica e Contratación.

c) Nº de expediente: 202/2001.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: servicio de reprografía de diversos centros da Universidade de Vigo.

b) División por lotes e número: tres lotes.

Lote 1: Escola Universitaria Enxeñería Técnica Industrial de Vigo.

Lote 2: Facultade de Belas Artes de Pontevedra.

Lote 3: Facultade de Ciencias da Educación e EUET Forestal de Pontevedra.

c) Prazo de execución: será o disposto no prego de cláusulas administrativas particulares.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Canon de explotación: o importe total anual para cada lote é de 25.000 pesetas (150,26 euros).

5. Garantías.

Provisional: 50.000 pesetas (300,51 euros).

6. Obtencion de documentación e información.

a) Entidade: Universidade de Vigo. Servicio de Xestión Económica e Contratación.

b) Enderezo: r/ Oporto, 1, edificio anexo ó Rectorado 3ª planta.

c) Localdiade e código postal: Vigo 36201.

d) Teléfono: 986 81 35 56.

e) Fax: 986 81 38 57.

f) Data límite de obtención de documentos e información: o día anterior ó da finalización do prazo de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista.

Os indicados no prego de cláusulas administrativas particuclares e no de prescricións técnicas.

8. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: o décimo quinto día natural seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

Entidade: rexistro xeral da Universidade de Vigo.

Enderezo: r/ Oporto, 1, planta baixa.

Localidade e código postal: Vigo 36201.

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses.

e) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura de ofertas.

a) Entidade: sala de xuntas do Rectorado da Universidade de Vigo.

b) Enderezo: r/ Areal, 46-1ª planta.

c) Localidade: Vigo 36201.

d) Data: o terceiro día hábil seguinte ó da data de finalización do prazo de presentación de ofertas.

e) Hora: 13 horas.

10. Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario.

Vigo, 12 de decembro de 2001.

P.D. (Resolución 3-3-1999)

Julio Taboada Pérez

Xerente