Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Xoves, 20 de decembro de 2001 Páx. 16.291

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 13 de novembro de 2001, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña, pola que se fai pública a adxudicación do concurso 218/2001.

En cumprimento do disposto no artigo 93.2º do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, de contratos das administracións públicas, e no artigo 24 do Real decreto 390/1996, do 1 de marzo, e en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 letra j) da Orde do 21 de abril de 1998, sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servicio Galego de Saúde (DOG nº 88, do 11 de maio) no seu artigo 7, modificada pola Orde do 23 de marzo de 2000 (DOG nº 104, do 30 de maio) e coa autorización expresa prevista nesa mesma norma, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, a Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña acorda darlle publicidade á adxudicación do seguinte contrato:

1. Entidade adxudicadora.

Organismo: Servicio Galego de Saúde, Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza, As Xubias de Arriba, 84; 15006 A Coruña.

Número de expediente: 218/2001.

2. Obxecto do contrato.

Tipo de contrato: contrato de subministracións.

Descrición do obxecto: adquisición de electrónica de comunicacións.

Anuncio de licitación publicado no DOG nº 185, do 24 de setembro de 2001.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Orzamento total: 10.000.000 de pesetas (60.101,21 A).

5. Adxudicación.

Datas: 5 de novembro de 2001.

Contratistas:

LoteOrzamentoEurosAdxudicatarioImporte adxudicadoEuros

110.000.00060.101,21Alcatel e-Business Dist., S.L.9.950.00059.800,70

10.000.00060.101,21Total c. 218/019.950.00059.800,70

En cumprimento do previsto no artigo 58 da vixente Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992, notifícase, advertíndose que esta resolución pon fin á vía administrativa, e é susceptible de recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución, de conformidade co artigo 58 da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

A Coruña, 13 de novembro de 2001.

Jesús Caramés Bouzán

Director xerente do Complexo Hospitalario Juan

Canalejo-Marítimo Oza da Coruña