Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Xoves, 20 de decembro de 2001 Páx. 16.285

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 9 de novembro de 2001 pola que se autoriza a transmisión de inter vivos da concesión da batea Ozores VIII.

Visto o expediente instruído para efectos de transmisión da batea Ozores VIII, e da concesión administrativa que o ampara, resulta:

A) Antecedentes de feito:

Primeiro.-Mediante escrito do 28-3-2001, Juan Lorenzo González e Rosa Saborido García solicitaron autorización para transmisión da concesión da batea Ozores VIII.

Segundo.-Os informes do Servicio de Protección dos Recursos sobre as características da batea e do Servicio Técnico Xurídico sobre a tramitación do expediente, son favorables.

B) Fundamentos xurídicos:

Primeiro.-Este órgano é competente para resolve-lo expediente, de conformidade coa Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia, e coa Orde do 14 de xuño de 1999 de delegación de competencias nos delegados territoriais da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

Segundo.-O expediente seguiu tódolos trámites establecidos no procedemento administrativo común, coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, pola que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia, e na Orde do 15 de xuño de 1999 pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións dos viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia.

Vistas as disposicións citadas, a proposta de resolución elaborada polo Servicio de Recursos Mariños, o artigo 89 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e demais nor

mas de xeral e pertinente aplicación, esta consellería:

RESOLVE:

Autoriza-la transmisión inter vivos, a favor de Juan Lorenzo González (DNI/NIF: 35390799-D), da concesión que se indica a continuación:

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: Ozores VIII.

Localización:

Cuadrícula nº: 56.

Polígono: E.

Distrito: Caramiñal (A Coruña).

Especies autorizadas: Mexillón (Mytilus galloprovincialis)

Título habilitante:

Orde de outorgamento: 10-1-1968 (BOE/DOG nº 19, do 22-1-1968).

Remate vixencia: 20-1-2008.

Actuais titulares: Juan Lorenzo González (DNI: 35390799-D) e Rosa Saborido García (DNI: 76467258-D).

Novo titular: Juan Lorenzo González (DNI: 35390799-D).

Baixo as seguintes condicións:

Primeira.-Os titulares deberán presentar no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia, orixinal ou fotocopia cotexada da seguinte documentación:

a) Documento notarial da transmisión ou doazón.

b) Solicitude ou carta de pagamento do imposto de transmisións patrimoniais ou documento de sucesións.

Segunda.-Transcorrido o prazo indicado na condición primeira sen ter presentado a documentación requirida, a autorización quedará sen efecto, logo de comunicación por parte da consellería.

Terceira.-O novo titular da concesión queda subrogado nos dereitos e obrigas do anterior, desde o momento de formalización da compra-venda en escritura pública.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante o conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdicción contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, contados en ámbolos dous casos desde o día seguinte ó da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e o artigo 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

A Coruña, 9 de novembro de 2001.

P.D. (Orde 14-6-1999, DOG nº 120, do 24 de xuño)

María José Cancelo Baquero

Delegada territorial da Coruña