Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Xoves, 20 de decembro de 2001 Páx. 16.281

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 31 de outubro de 2001, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación de bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica que se cita. (Expediente 106/2000).

Outorgada a declaración de utilidade pública que leva implícita a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polas instalacións das liñas eléctricas aéreas a 15/20 kV, unha de 870 m de lonxitude e centro de transformación no lugar de Sequeiros, e outra de 1.440 m de lonxitude, no lugar de Bidueiro, no termo municipal de Narón (expediente 106/2000), por resolución desta delegación provincial do 19 de xuño de 2001, a favor da entidade beneficiaria Unión Fenosa Distribución, S.A. con enderezo na avda. de Arteixo, nº 171, 15007 da Coruña.

Esta delegación acorda sinala-lo día 27 de decembro de 2001 para o levantamento das actas previas á ocupación, de conformidade cos artigos 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954 e 56 do seu Regulamento do 26 de abril de 1957, nas que se describirán os bens ou dereitos expro

piables e de imposición de servidume de paso de enerxía eléctrica, contidos na relación de predios que se expón xunto con esta resolución no taboleiro de edicos no Concello de Narón, deducida da que se someteu a información pública no DOG, BOP e no xornal La Voz de Galicia con datas do 28-6-2000, 12-6-2000 e 8-6-2000, respectivamente, acto ó que deberán concorre-los propietarios propostos dos predios afectados, ós que se lles practicará notificación individual sinalándoselles os horarios de toma de datos sobre o terreo e do levantamento efectivo das actas nas oficinas da referida casa consistorial.

Esta publicación realizarase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación; e así dirxille ó Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan destes, de conformidade co artigo 5º da citada Lei de expropiación forzosa.

A Coruña, 31 de outubro de 2001.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña