Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Xoves, 20 de decembro de 2001 Páx. 16.269

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE de 12 de decembro de 2001 pola que se convoca proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión de Administración da Xunta de Galicia, grupo B, escala técnica de estatísticos.

De conformidade co establecido no Decreto 122/2001, do 18 de maio, polo que se aproba a oferta de emprego público correspondente a diversas prazas de corpos e escalas de Administración xeral e especial, así como do persoal laboral da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2001 (Diario Oficial de Galicia nº 106, do 1 de xuño), esta consellería no uso das competencias que lle atribúe o artigo 13 da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia segundo a redacción dada pola Lei 3/1995, do 10 de abril, (DOG nº 76, do 20 de abril),

DISPÓN:

Convocar proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión de Administración da Xunta de Galicia, grupo B, escala técnica de estatísticos, con suxeición ás seguintes:

Bases da convocatoria

I. Normas xerais.

I.1. O obxecto do proceso selectivo será a cobertura de 2 prazas do corpo de xestión de Administración da Xunta de Galicia, escala técnica de estatísticos, polos sistemas de promoción interna e de acceso libre, polo procedemento de oposición.

O proceso selectivo constará dunha fase de probas selectivas e outra fase consistente na superación dun curso selectivo.

I.1.1. O número total de vacantes reservadas ó sistema de promoción interna ascenderá a 1 praza, correspondente ó 50% do total de vacantes.

O número total de vacantes reservadas ó sistema de acceso libre ascenderá a 1 praza.

I.1.2. De conformidade coa disposición adicional sétima da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia e co Decreto 122/2001, do 18 de maio, polo que se aproba a oferta de emprego público correspondente a diversas prazas de corpos e escalas de Administración xeral e especial, así como do persoal laboral da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2001, por non acadarse as porcentaxes mínimas esixidas non se reservará ningunha praza para ser cuberta por persoas con minusvalidez cun grao de discapacidade igual ou superior ó 33%.

I.1.3. As prazas sen cubrir das reservadas ó sistema de promoción interna acumularanse ó sistema de acceso libre.

I.1.4. Os aspirantes só poderán participar nun dos dous sistemas.

I.1.5. Ó presente proceso selectivo seralle aplicable a Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, modificada polas Leis 4/1991, do 8 de marzo e 3/1995, do 10 de abril; a Lei 30/1984, do 2 de agosto, modificada pola Lei 23/1988, do

28 de xullo; o Regulamento de selección de persoal de Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, a Lei 17/1993, do 23 de decembro, de acceso a determinados sectores da función pública dos nacionais dos estados membros da Unión Europea e demais normas concordantes, así como o disposto nesta convocatoria.

I.1.6. O programa que rexerá as probas selectivas é o que figura como anexo da Orde do 20 de novembro de 2000, pola que se aproban os temarios que rexerán nos procesos selectivos para o ingreso nos corpos superior e de xestión de Administración da Xunta de Galicia (grupos A e B), escalas superior e técnica de estatísticos (DOG nº 240, de 13 de decembro).

I.2. Requisitos dos candidatos.

I.2.1. Para seren admitidos á realización das probas selectivas os aspirantes deberán reuni-los seguintes requisitos:

I.2.2. Para promoción interna:

I.2.2.1. Estar en posesión ou en condicións de obte-lo título de diplomado ou equivalente en estatística, socioloxía, informática, matemáticas, económicas, ciencias empresariais e enxeñería técnica, conforme o disposto no artigo 2.1º da Lei 12/1992, do 9 de novembro, de creación de determinadas escalas de persoal funcionario ó servicio da Xunta de Galicia.

I.2.2.2. Non estar separado do servicio de ningunha Administración pública en virtude de expediente disciplinario nin estar inhabilitado por sentencia firme para o exercicio de funcións públicas.

I.2.2.3. Os aspirantes deberán ser funcionarios da Administración da Xunta de Galicia e pertencer, o día da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia, a algún dos corpos ou escalas integrados no grupo B (corpo de xestión de Administración ou corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia) ou no grupo C (corpo administrativo e corpo de axudantes facultativos de Administración da Xunta de Galicia) de acordo co disposto no Decreto 91/1991, do 20 de marzo, de integración dos funcionarios na Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, ter unha antigüidade de, polo menos, dous anos no corpo ou escala de orixe e posuí-la titulación requirida para o acceso ó corpo.

I.2.3. Para acceso libre:

I.2.3.1. Ser español ou nacional dun Estado membro da Unión Europea, ou nacional daqueles estados ós que en virtude de tratados internacionais acordados pola Unión Europea e ratificados por España, sexa de aplicación a libre circulación de traballadores.

Tamén poderán participa-lo cónxuxe, descendentes e descendentes do cónxuxe, dos españois e dos nacionais de países membros da Unión Europea, sempre que non estean separados de dereito, menores de vinteún anos ou maiores da devandita idade que vivan ás súas expensas.

Este último beneficio será igualmente de aplicación a familiares de nacionais doutros estados cando

así se prevexa nos tratados internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España.

I.2.3.2. Ter cumpridos os dezaoito anos.

I.2.3.3. Estar en posesión ou en condición de obte-lo título de diplomado ou equivalente en estatística, socioloxía, informática, matemáticas, económicas, ciencias empresariais enxeñería técnica, conforme o disposto no artigo 2.1º da Lei 12/1992, de 9 de novembro, de creación de determinadas escalas de persoal funcionario ó servicio da Xunta de Galicia.

No caso de titulacións obtidas no estranxeiro deberase estar en posesión do documento que acredite fidedignamente a súa homologación.

I.2.3.4. Non padecer enfermidade nin estar afectado por limitación física ou psíquica que sexa incompatible co desempeño das correspondentes funcións.

I.2.3.5. Non ter sido separado, mediante expediente disciplinario, do servicio de calquera Administración pública nin esten inhabilitado por sentencia firme para o exercicio de funcións públicas.

I.2.3.6. Os aspirantes que non posúan nacionalidade española deberán acreditar, igualmente, non estar sometidos a sanción disciplinaria ou condena penal que impida, no seu Estado, o acceso á función pública.

I.2.4. Tódolos requisitos enumerados na base I.2.2. e I.2.3. deberán posuírse no día de finalización do prazo de presentación de solicitudes.

I.3. Solicitudes.

I.3.1. Os que desexen tomar parte no proceso selectivo deberán facelo constar mediante instancia que se axustará ó modelo que se publica como anexo I desta convocatoria. Xunto coa instancia achegarase fotocopia do documento nacional de identidade e xustificante de que aboou os dereitos de exame, expedido pola entidade bancaria correspondente, así como, se é o caso, a copia cotexada da cualificación de minusvalidez, para os efectos da exención prevista no parágrafo quinto desta base e o disposto na base I.3.3., e así mesmo, documento xustificativo de estar en posesión do título do curso de perfeccionamento de galego ou estudios equivalentes, debidamente homologados pola Dirección Xeral de Política Lingüística da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, para os efectos da exención prevista na base II.1.3.

Os aspirantes que non posúan a nacionalidade española e teñan dereito a participar deberán presentar unha fotocopia do documento que acredite a súa nacionalidade e, se é o caso, os documentos que acrediten o vínculo de parentesco e o feito de vivir a expensas ou estar a cargo do nacional doutro Estado co que teñan o dito vínculo. Así mesmo, deberán presentar declaración xurada ou promesa deste de que non está separado de dereito do seu cónxuxe e, de se-lo caso, do feito de que o aspirante vive a expensas ou está ó seu cargo.

Para efectos de información o teléfono de contacto é o 902 12 00 12 en horario de 9 a 19 horas de luns a venres e de 9 a 14 horas os sábados.

Por imperativo legal, de conformidade co disposto no artigo 31, punto terceiro da Lei 4/2000, do 27 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2001, que modifica o Decreto lexislativo 1/1992, do 11 de abril, polo que se aproba o texto articulado das bases contidas no capítulo 3º do título II da Lei 13/1991, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, como requisito necesario para participar no proceso selectivo, deberase aboar previamente en concepto de dereitos de exame o importe de 6.780 pesetas ou 40,75 A e, se é o caso, os gastos de transferencia correspondentes, empregando para iso o impreso de autoliquidación sinalado no anexo II. O dito impreso seralle facilitado ós interesados no rexistro xeral da Consellería da Presidencia e Administración Pública, nos das súas delegacións provinciais e nas oficinas comarcais da Xunta de Galicia, debendo cubrirse cos códigos que figuran no referido anexo

II. Non obstante, para o cumprimento do anterior requisito, poderase empregar unha fotocopia do documento correspondente que como anexo forma parte desta convocatoria.

Estarán exentos do pagamento das taxas por dereitos de inscrición os que posúan unha discapacidade igual ou superior ó 33%, circunstancia que deberá ser acreditada documentalmente xunto coa instancia, presentando copia cotexada da cualificación da minusvalidez.

A presentación do xustificante do ingreso de taxas, no que non figure o selo da entidade bancaria con indicación da data, determinará a exclusión do aspirante. En ningún caso a presentación deste xustificante suporá a substitución do trámite de presentación, en tempo e forma, da solicitude.

O importe aboado en concepto de dereitos de exame devolverase, tralos trámites correspondentes, só ós aspirantes excluídos que o soliciten, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación no Diario Oficial de Galicia da resolución definitiva da Dirección Xeral da Función Pública a que fai referencia o punto terceiro da base I.4.2.

I.3.2. A presentación de solicitudes farase no rexistro xeral da Consellería da Presidencia e Administración Pública, no das súas delegacións provinciais, oficinas comarcais da Xunta de Galicia, así como nos lugares previstos no artigo 38 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común no prazo de vinte días naturais, contados a partir do seguinte ó da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia e dirixiranse ó director xeral da Función Pública da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

As solicitudes subscritas no estranxeiro poderanse cursar, no prazo expresado no parágrafo anterior, a través das representacións diplomáticas ou consulares españolas correspondentes, que as remitirán seguidamente ó organismo competente.

I.3.3. Os aspirantes con algunha discapacidade deberán indicalo na solicitude. Así mesmo, deberán solicita-las posibles adaptacións de medios para a realización dos exercicios en que esta adaptación sexa necesaria, todo iso conforme o contido na

Lei 13/1982, do 7 de abril e no Decreto 122/2001, do 18 de maio, polo que se aproba a oferta de emprego público para o ano 2001.

I.4. Admisión de aspirantes.

I.4.1. Rematado o prazo de presentación de instancias, o director xeral da Función Pública, dictará resolución de conformidade co establecido no artigo 12 do Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, que se publicará no Diario Oficial de Galicia e na que se declarará aprobada a lista provisional de admitidos e excluídos. Na lista deberán constar, en todo caso, os apelidos, nome e número de documento nacional de identidade.

I.4.2. Os aspirantes excluídos disporán dun prazo de dez días, contados a partir do seguinte ó da publicación da resolución, para poder emendar, se e o caso, o defecto que motivase a exclusión.

Para tal efecto, a estimación ou desestimación das ditas peticións de emendas entenderase implícita na resolución pola que se publique a lista definitiva.

Unha vez transcorrido o dito prazo, a Dirección Xeral da Función Pública dictará resolución definitiva, contra a que se poderá interpoñer recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, ou poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde a mesma data, de conformidade co disposto no artigo 8.2º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, en relación co artigo 10.1º do mesmo texto legal.

O feito de figurar na relación de admitidos non prexulga que se lles recoñeza ós interesados a posesión dos requisitos esixidos no procedemento que se convoca. Cando da documentación que se debe presentar, no caso de supera-lo proceso selectivo, se desprenda que non posúen algún dos requisitos, os interesados decaerán en tódolos dereitos que puideran derivar da súa participación no procedemento.

II. Fase de oposición.

O programa que rexerá as probas será o publicado no DOG nº 240, do 13 de decembro de 2000, aprobado por Orde de 20 de novembro de 2000.

II.1. Exercicios.

II.1.1. Primeiro exercicio, de carácter eliminatorio: consistirá na resolución, por escrito, de corenta (40) cuestións teórico-prácticas referidas á totalidade das materias sinaladas no programa (I. Estatística descritiva; II. Estatística teórica e mostraxe; III. Metodoloxía estatística, informática e dereito), que será o resultante do sorteo de entre dous modelos elaborados previamente polo tribunal. Os aspirantes ás prazas pola quenda de promoción interna estarán exentos da realización das cuestións referidas á materia de dereito.

O exercicio terá unha duración máxima de catro horas. Cualificarase de 0 a 20 puntos, sendo necesario para superalo obter un mínimo de 10 puntos. Corresponderaslle ó tribunal determina-lo número

de respostas correctas esixido para acada-la puntuación mínima.

As puntuacións publicaranse unha vez rematada a corrección da totalidade dos exercicios.

II.1.2. Segundo exercicio, de carácter eliminatorio: consistirá na resolución, por escrito, de catro (4) problemas relativos ás materias sinaladas no programa como Estatística descritiva e Estatística teórica e mostraxe, que será o resultante do sorteo de entre dous modelos elaborados previamente polo tribunal.

O exercicio terá unha duración máxima de cinco horas. Cualificarase de 0 a 40 puntos sendo necesario para superalo obter un mínimo de 20 puntos. Corresponderalles ó tribunal determina-lo nivel de coñecementos esixidos para acada-la puntuación mínima.

As puntuacións publicaranse unha vez rematada a corrección da totalidade dos exercicios.

II.1.3. Terceiro exercicio, de carácter eliminatorio: consistirá en expoñer, de forma oral e no prazo máximo de corenta e cinco minutos, dous temas extraídos ó azar, relativos a cada unha das materias sinaladas no programa como Metodoloxía estatística e Informática.

Despois da extracción dos temas e antes de comeza-la súa exposición, concederase ata un máximo de dez minutos de tempo para que o aspirante elabore, en presencia do tribunal, un guión que poderá empregar no desenvolvemento da súa exposición, consultando para iso exclusivamente o programa de oposición.

Concluída a exposición dos temas, o tribunal poderá dialogar co aspirante por un tempo máximo de dez minutos, exclusivamente sobre aspectos concretos relacionados cos temas expostos.

O exercicio cualificarase de 0 a 35 puntos, sendo necesario para superalo obter 17,50 puntos como mínimo. Corresponderalle ó tribunal determina-lo nivel de coñecementos esixidos para acada-la puntuación mínima.

As puntuación publicaranse unha vez rematada a corrección da totalidade dos exercicios.

II.1.4. Cuarto exercicio, de carácter eliminatorio: consistirá na traducción dun texto de inglés para castelán ou galego, a elección do aspirante, elixido por sorteo de entre dous propostos polo tribunal.

O tempo máximo para a realización do exercicio será de trinta minutos. Valorarase de 0 a 5 puntos, sendo necesario para superalo obte-lo resultado de 2,5 puntos. Corresponderalles ó tribunal determina-lo nivel de coñecementos esixidos para obte-la puntuación mínima.

Os resultados publicaranse unha vez rematada a corrección da totalidade dos exercicios.

II.1.5. Quinto exercicio, de carácter eliminatorio, constará de dúas probas:

Primeira proba: consistirá na traducción dun texto de castelán para galego elixido por sorteo de entre tres propostos polo tribunal.

Segunda proba: consistirá na traducción dun texto de galego para castelán elixido por sorteo de entre tres propostos polo tribunal.

O tempo máximo para a realización do exercicio será dunha hora. Valorarase como apto ou non apto, sendo necesario para superalo obte-lo resultado de apto. Corresponderalle ó tribunal determina-lo nivel de coñecementos esixidos para obte-lo resultado de apto.

Os resultados publicaranse unha vez rematada a corrección da totalidade dos exercicios.

Estarán exentos da realización do quinto exercicio os aspirantes que acrediten a posesión do curso de perfeccionamento de galego, ou estudios equivalentes, debidamente homologados pola Dirección Xeral de Política Lingüística da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia. Tal acreditación deberá presentarse xunto coa instancia de conformidade co previsto na base I.3.1 .

II.1.6. Os aspirantes deberán presentarse para a realización de cada exercicio provistos de DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal.

II.1.7. Os exercicios realizaranse a porta pechada sen outra asistencia que a dos opositores, membros do tribunal e os colaboradores designados por este, excepto a realización do terceiro exercicio que se realizará en sesión pública.

II.2. Desenvolvemento dos exercicios:

II.2.1. Os exames deberán desenvolverse en galego ou castelán.

II.2.2. A orde de actuación dos opositores iniciarase alfabeticamente polo primeiro da letra T, de conformidade co establecido na resolución da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 14 de febreiro de 2001 pola que se publica o resultado do sorteo celebrado o día 13 de febreiro de 2001 (DOG nº 39, do 23 de febreiro), ó tratarse dunha convocatoria correspondente ó ano 2001.

II.2.3. En calquera momento os aspirantes poderán ser requiridos polo tribunal coa finalidade de acreditar a súa personalidade.

II.2.4. Os aspirantes serán convocados para cada exercicio en único chamamento, sendo excluído da oposición quen non compareza, podéndose considera-los casos de forza maior, debidamente xustificados e libremente apreciados polo tribunal, para os efectos dun posterior chamamento.

II.2.5. A publicación dos sucesivos anuncios de celebración do segundo e restantes exercicios será efectuada polo tribunal no lugar onde se realizou o anterior exercicio, nos taboleiros de anuncios do Instituto Galego de Estatística, da Consellería de Economía e Facenda e nas súas delegacións territoriais, e por calquera outro medio, se se xulga conveniente, para facilita-la súa máxima divulgación, cun mínimo de corenta e oito horas de antelación á sinalada para o seu inicio.

II.2.6. En calquera momento do proceso selectivo, se o tribunal tivera coñecemento de que algún aspirante non cumpre algún dos requisitos esixidos pola presente convocatoria, logo de audiencia do interesado, deberá acorda-la súa exclusión, se procede.

Contra tal acordo poderase interpoñer recurso de alzada conforme o previsto no artigo 114 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

III. Fase de curso selectivo.

III.1. Tódolos aspirantes que superen as probas da oposición realizarán un curso selectivo que igualmente deberán superar con aproveitamento, como requisito indispensable para obte-lo seu nomeamento de funcionarios de carreira. O curso versará sobre as materias do programa da presente convocatoria do proceso selectivo.

O curso selectivo terá unha duración de 60 horas e terá como finalidade primordial a adquisición de coñecementos para a preparación específica dos aspirantes para o exercicio das funcións propias da escala técnica de estatísticos.

Parte do curso selectivo poderá consistir nun período de realización de prácticas nos servicios do Instituto Galego de Estatística.

Durante o período de realización deste curso, os aspirantes que participen nel serán nomeados funcionarios en prácticas coa situación xurídica prevista nos artigos 16 e 17 do Decreto 95/1991, do 20 de marzo, e demais disposicións de aplicación.

III.2. O curso cualificarase de 0 a 20 puntos, sendo necesario para superalo obter, como mínimo, 10 puntos. A cualificación do curso obterase mediante a media aritmética da suma das puntuacións obtidas en cada unha das súas materias.

III.3. Os aspirantes que non superen o curso selectivo realizarán, no prazo máximo de dous meses, unha nova proba sobre as materias non aprobadas. De non superala, poderán incorporarse ó curso inmediatamente posterior, coa puntuación asignada na fase de oposición ó último dos participantes nel. Se non o superasen novamente, perderán tódolos seus dereitos para seren nomeados funcionarios de carreira.

III.4. Rematada a impartición do curso, o tribunal publicará a relación de aspirantes que o superaren. Celebrada a segunda proba, conforme o disposto na base III.3, publicarase a relación completa de aspirantes que o superaron definitivamente, así como a relación de aspirantes que, se é o caso, poderán incorporarse ó curso inmediatamente posterior.

IV. Tribunal.

IV.1. O tribunal cualificador do proceso será designado por orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública, e a súa composición será a determinada polo previsto no artigo 7 do Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.

IV.2. Ademais do tribunal que se designe na orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública, poderán nomearse máis tribunais para xulga-lo proceso, a proposta do tribunal sinalado na base anterior cando fose necesario polo número de aspirantes.

A autoridade convocante publicará no DOG unha resolución pola que se nomeen os novos tribunais, se é o caso.

IV.3. Os membros do tribunal deberán absterse de intervir, notificándollo ó director xeral da Función Pública da Consellería da Presidencia e Administración Pública, cando concorran neles circunstancias das previstas no artigo 28 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou se realizasen tarefas de preparación de aspirantes a probas selectivas nos cinco anos anteriores á publicación de esta convocatoria.

O presidente poderá solicitar dos membros do tribunal declaración expresa de non estar incursos nas circunstancias previstas no artigo 28 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Así mesmo, os aspirantes poderán recusa-los membros do tribunal cando concorran as circunstancias previstas nesta base.

IV.4. A autoridade convocante publicará no Diario Oficial de Galicia resolución pola que se nomeen os novos membros do tribunal, que substituirán ós que perdesen a súa condición por algunha das causas previstas na base IV.3.

IV.5. Trala convocatoria do presidente, constituirase o tribunal. Tal constitución entenderase válida con que asistan a ela a maioría dos membros do tribunal. A celebración da sesión de constitución terá lugar no prazo máximo de trinta días a partir da publicación do tribunal e mínimo de dez días antes da realización do primeiro exercicio.

Na dita sesión, o tribunal adoptará tódalas decisións que lle correspondan para o correcto desenvolvemento das probas selectivas.

IV.6. A partir da sesión de constitución, o tribunal, para actuar validamente, requirirá a presencia da maioría dos seus membros, titulares ou suplentes.

IV.7. O procedemento de actuación do tribunal axustarase en todo momento ó disposto na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

IV.8. O tribunal mediante anuncio público no Diario Oficial de Galicia e demais anuncios correspondentes fixará o lugar, a data e hora de celebración do primeiro exercicio.

IV.9. Por cada sesión do tribunal levantarase acta, que, lida ó principio da sesión seguinte e feitas, se é o caso, as rectificacións que procedan, se autorizará coa sinatura do secretario e o visto e prace do presidente.

IV.10. O tribunal poderá dispoñe-la incorporación ós seus traballos de asesores especialistas para as probas correspondentes ós exercicios que considere pertinentes, limitándose os ditos asesores a presta-la súa colaboración nas súas especialidades técnicas. A designación de tales asesores deberáselle comunicar ó director xeral da Función Pública da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

IV.11. O tribunal cualificador adoptará as medidas precisas naqueles casos en que resulte necesario, de forma que os aspirantes con discapacidades gocen de similares condicións para a realización dos exercicios que o resto dos demais participantes. Neste sentido estableceranse, para as persoas con disca

pacidades que o soliciten na forma prevista na base I.3.3., as adaptacións posibles en medios para a súa realización.

Se na súa realización se lle suscitasen dúbidas ó tribunal respecto da capacidade do aspirante para o desempeño das actividades habitualmente desenvolvidas polos funcionarios do corpo ó que opta, poderán solicita-lo correspondente dictame do órgano competente.

IV.12. O presidente do tribunal adoptará as medidas oportunas para garantir que os exercicios da fase de oposición que se realicen en forma escrita sexan corrixidos sen que se coñeza a identidade dos aspirantes, empregando para iso os impresos adecuados.

O tribunal excluirá aqueles candidatos con exercicios nos que figuren marcas ou signos que permitan coñece-la identidade do opositor.

IV.13. O tribunal que actúe nestas probas selectivas terá a categoría segunda das recollidas no Decreto 144/2001, do 7 de xuño.

O número máximo de sesións de cada un dos tribunais será fixado por resolución da Dirección Xeral da Función Pública, podendo soamente ampliarse o número delas, con base en causa xustificada, pola dita dirección xeral.

IV.14. En ningún caso o tribunal poderá aprobar nin declarará que superaron o proceso selectivo un número superior de aspirantes ó de prazas convocadas. Calquera proposta de aprobados que contraveña o establecido será nula de pleno dereito.

IV.15. As comunicacións que formulen os aspirantes ó tribunal dirixiranse á Consellería da Presidencia e Administración Pública, Dirección Xeral da Función Pública (edificio administrativo San Caetano, Santiago de Compostela).

V. Lista de aprobados na fase de oposición.

V.1. Rematada a realización dos exercicios da fase de oposición e no suposto de empate nas puntuacións de dous ou máis aspirantes, estes serán resoltos pola puntuación obtida no segundo exercicio e, se isto non fose suficiente, pola puntuación obtida nos exercicios terceiro, primeiro, cuarto e quinto, ata que se resolva este. De persisti-lo empate resolverase pola orde alfabética á que se refire a base II.2.2.

O tribunal resolverá os empates que se produzan, de acordo cos criterios expresados no parágrafo anterior.

V.2. Rematadas as probas da fase de oposición, o tribunal fará públicas no Diario Oficial de Galicia, nos taboleiros de anuncios do Instituto Galego de Estatística, da Consellería de Economía e Facenda e nos das súas delegacións territoriais, e naqueles outros que considere oportuno, as relacións independentes de aspirantes que superaron a dita fase, tanto polo sistema de acceso libre como polo de promoción interna, por orde de puntuacións acadadas, con indicación do seu documento nacional de identidade.

O presidente do tribunal enviaralle proposta conxunta de ambas listas de aprobados ó director xeral da Función Pública, especificando, igualmente, o número de aprobados en cada un dos exercicios.

VI. Presentación de documentos e nomeamento de funcionarios en prácticas e de carreira.

VI.1. Por orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública elevarase a definitiva a proposta do tribunal dos aspirantes que superaron a fase de oposición, publicándose no Diario Oficial de Galicia; e a partir da dita publicación computarase o prazo de vinte días naturais para que os ditos aspirantes presenten na Dirección Xeral da Función Pública os seguintes documentos:

A. Fotocopia compulsada polo órgano competente do título esixido na base I.2. ou certificación académica que acredite ter realizado tódolos estudios para a obtención do título ou, se é o caso, documento que acredite fidedignamente a posesión do correspondente título académico.

B. Declaración baixo a súa responsabilidade de non ter sido separado do servicio de ningunha Administración pública en virtude de expediente disciplinario nin estar inhabilitado por sentencia firme para o exercicio de funcións públicas.

Os aspirantes que non posúan a nacionalidade española deberán presentar declaración xurada ou promesa de non estar sometidos a sanción disciplinaria ou condena penal que impida no seu Estado o acceso á función pública, segundo o modelo que figura como anexo III a esta convocatoria.

C. Deberase presentar certificado médico oficial no que se acrediten os extremos sinalados na base I.2.3.4.

VI.2. Os que tivesen a condición de funcionario de carreira están exentos de xustificar documentalmente as condicións e demais requisitos xa probados para obte-lo seu anterior nomeamento, debendo presentar certificación do servicio de persoal da consellería ou organismo do que dependesen para acreditar tal condición, con expresión do número e importe de trienios, así como a data do seu cumprimento.

VI.3. Os que dentro do prazo fixado, excepto os casos de forza maior, non presentasen a documentación, ou do exame dela se deducise que carecen dalgún dos requisitos sinalados na base I.2, non poderán ser nomeados funcionarios en prácticas e quedarán anuladas as súas actuacións, sen prexuízo da responsabilidade na que incorresen por falsidade na solicitude inicial.

VI.4. Rematada a fase de oposición e unha vez cumpridos os requisitos esixidos con anterioridade, os que a superasen serán nomeados funcionarios en prácticas mediante orde do conselleiro da Presidencia e Administración Pública, que se publicará no Diario Oficial de Galicia de acordo coa puntuación obtida nos exercicios da oposición. O nomeamento terá efectos desde a data de inicio do curso selectivo ó que se refire a base III.

VI.5. Rematado o curso selectivo, a orde de puntuación dos aspirantes que superen o proceso selectivo efectuarase de acordo coa suma da puntuación obtida na fase de oposición e na do curso selectivo, non podendo supera-lo proceso selectivo un número superior ó de prazas convocadas.

No caso de igualdade de puntuación acumulada entre dous ou máis funcionarios en prácticas, a prelación entre eles establecerase tendo en conta que a cualificación obtida na fase de oposición prevalecerá sobre a cualificación obtida no curso selectivo.

VI.6. A petición de destinos por parte dos funcionarios en prácticas que superaron o curso selectivo, deberase realizar unha vez rematado o proceso selectivo, logo de ofertalos.

VI.7. Os aspirantes que ingresen polo sistema de promoción interna, en virtude do disposto no artigo 22.2º do Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna terán, en todo caso, preferencia sobre os aspirantes provenientes do sistema xeral de acceso libre para cubri-las vacantes correspondentes.

No sistema de promoción interna, os aspirantes que superen o presente proceso selectivo poderán tomar posesión da praza que viñeran desempeñando con carácter definitivo, cando esta, de conformidade cos requisitos esixidos nas relacións de postos de traballo, poida ser desempeñada por funcionarios pertencentes ó corpo ou escala á que accedan, de acordo co disposto no artigo 60 da Lei 4/1988, do 26 de maio, modificada pola Lei 3/1995, da función pública de Galicia.

VI.8. A adxudicación das prazas ós aspirantes que superen o proceso selectivo efectuarase de acordo coa puntuación sinalada na base VI.5 unha vez aplicado o disposto na base VI.7.

VI.9. Rematado o proceso selectivo, os que o superasen serán nomeados funcionarios de carreira mediante unha orde do conselleiro da Presidencia e Administración Pública, que se publicará no Diario Oficial de Galicia e na que se indicará o destino adxudicado de acordo coa puntuación obtida.

VI.10. A toma de posesión dos aspirantes aprobados efectuarase no prazo dun mes, contado a partir da data de publicación do seu nomeamento no Diario Oficial de Galicia, de conformidade coas disposicións previstas na Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, modificada polas leis 4/1991, do 8 de marzo e 3/1995, do 10 de abril, e demais normas concordantes.

VII. Disposición derradeira.

Contra esta orde que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro ou se poderá impugnar directamente ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados desde a mesma data, segundo o artigo 8.2º en conexión co artigo 10.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo.

Santiago de Compostela, 12 de decembro de 2001.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública

Instruccións para o/a interesado/a:

* Instruccións xerais.

-Escriba soamente a máquina ou con bolígrafo sobre superficie dura, empregando maiúsculas de tipo imprenta.-Asegúrese de que os datos resultan claramente lexibles en tódolos exemplares.-Evite dobra-lo papel e realizar correccións, emendas ou riscadas.-Non escriba nos espacios sombreados ou reservados.-Non esqueza asina-lo impreso.-Non esqueza achega-lo impreso de autoliquidación de taxas debidamente cuberto e selado pola entidade bancaria.-Non esqueza xuntar fotocopia do seu DNI ou documentación acreditativa segundo a base I.3.1 da convocatoria.

-Non esqueza xuntar copia cotexada da cualificación da minusvalidez e certificación de compatibilidade co exercicio das funcións, de se-lo caso.-Non esqueza achegar copia do documento xustificativo de estar en posesión do curso de galego ou estudios equivalentes segundo o esixido na correspondente convocatoria.

* Instruccións particulares.

1. Forma de acceso: consigne cun X o recadro de promoción interna ou acceso libre segundo conveña.

2. Escala ou especialidade: á que opta.

Quenda de discapacitados: os discapacitados que reunindo os requisitos legais esixibles, pretendan participar pola quenda reservada a persoas discapacitadas deberán facelo constar expresamente no recadro que figura na instancia cun si.

ANEXO III

D./Dna. , con domicilio

en , e con

DNI/pasaporte , declara baixo xuramento

ou promete, para efectos de ser nomeado funcionario do corpo de xestión da Administración da Xunta de Galicia, grupo B (escala técnica de estatística), que non está sometido a sanción disciplinaria ou condena no Estado de que me impida o acceso

á función pública.

En (país e localidade) ..., ... de ... de 2001.