Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Mércores, 19 de decembro de 2001 Páx. 16.224

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE IRIXOA

ANUNCIO de concurso, con procedemento aberto urxente, do servicio de recollida do lixo.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Irixoa (A Coruña).

2. Obxecto do contrato: adxudicación do servicio de recollida do lixo e transporte a puntos de recepción por Sogama.

3. Duración: 20 anos, con posible prórroga de 5 máis.

4. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación: urxente, aberto e concurso, conforme o prego de cláusulas administrativas e técnicas aprobado pola Comisión de Goberno do 28-11-2001, pedente de publicación íntegra no BOP.

5. Tipo de licitación: 24.500 euros/por ano, con revisión.

6. Garantías: fianza provisional de 81.531 pesetas (490 euros) e definitiva do 4% do importe de adxudicación.

7. Obtención de documentación e información: domicilio en Pazo de Irixoa, 6 Irixoa (A Coruña), 15313; teléfono 981 79 30 01 e fax 981 79 31 57.

8. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: no prazo de 13 días días naturais, computado do seguinte xeito: comezará desde o seguinte ó da data de publicación no BOP e rematará o décimo terceiro día contado desde o seguinte ó da publicación do último anuncio (BOP ou DOG); o horario é de das 9 ás 14 horas.

b) Documentación que hai que presentar: sobre A con documentación xeral; sobre B de referencias técnicas e sobre C de oferta económica (cláusula 6 do prego).

9. Apertura de ofertas: na Casa do Concello de Irixoa, ás 13 horas do día hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación de plicas, agás se coincide en sábado, que se trasladará ó día hábil seguinte.

Irixoa, 10 de decembro de 2001.

José Martínez Gómez

Alcalde en funcións