Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Mércores, 19 de decembro de 2001 Páx. 16.223

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BARREIROS

ANUNCIO.

En cumprimento do artigo 48 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, faise público que o Pleno do Concello, en sesión ordinaria celebrada o 28 de setembro de 2001, aprobou definitivamente o estudio de detalle promovido por Mero Amieiro, S.L., e redactado polo arquitecto Carlos Centenera Baños, referido a parcela de solo urbano, núcleo rural tradicional de Viladaide.

Contra o dito acordo poderá interpoñerse, directamente, recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, durante o prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da publicación no DOG do presente anuncio. Igualmente, e con carácter potestativo, poderá interpoñerse, ante o mesmo órgano que adoptou o acordo, recurso de reposición no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da referida publicación, conforme dispoñen os artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Barreiros, 17 de novembro de 2001.

O alcalde

Rubricado