Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Mércores, 19 de decembro de 2001 Páx. 16.222

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ARTEIXO

EDICTO do 30 de novembro de 2001 polo que se notifica o acordo do Pleno da Corporación de aprobación e declaración de utilidade pública, a efectos expropiatorios do denominado Carril Bici en Galán, por existiren titulares ós que non se lles puido practica-la notificación individual por se-lo seu domicilio descoñecido.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ós titulares da relación de bens e dereitos afectados polo citado proxecto que abaixo se deta

lla, por seren descoñecidos os seus domicilios, o acordo adoptado polo Pleno da Corporación, en sesión ordinaria do día 25 de outubro de 2001.

1. Aproba-lo proxecto de execución denominado Carril Bici en Galán.

2. Declarar expresamente a utilidade pública do proxecto aprobado.

3. Declarar expresamente a necesidade de ocupación dos bens e dereitos afectados.

4. Solicitar ante a Xunta de Galicia a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados.

5. Someter a información pública durante un prazo de 15 días a relación de bens e dereitos afectados.

Titulares de bens e dereitos afectados polo proxecto denominado Carril Bici en Galán con domicilio descoñecido:

Titular: hros. de Ramón Catoira.

Superficie (m): 76,00.

Valoración económica (pesetas): 266.000.

Titular: hros. de Amalia Martínez Fernández.

Superficie (m): 213,00

Valoración económica (pesetas): 383.400.

Para os únicos efectos da corrección de erros na descrición material e legal dos bens, calquera persoa natural ou xurídica poderá comparecer alegando cantos antecedentes ou referencias estime pertinentes.

De non producírense reclamacións durante o citado trámite de información pública, considerarase aprobada definitivamente a relación concreta de bens e darase por iniciado o expediente expropiatorio, sen prexuízo de poder alcanzar mutuo acordo en calquera fase do expediente.

Réxime de recursos: contra o presente acordo, que é definitiva en vía administrativa, poderá interpor recurso de reposición ante o mesmo órgano que o dictou ou interpor directamente recurso contencioso-administrativo perante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir do seguinte ó da recuperación da presente notificación, de acordo co disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da devandita xurisdicción.

Se opta por interpor recurso de reposición previo ó contencioso-administrativo, deberá facelo ante o órgano municipal do que dimana o presente acto no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da recepción da presente notificación, de acordo co disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificados pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Contra a resolución expresa do recurso de reposición, poderá interpor recurso contencioso-administrativo ante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contado a partir do seguinte ó da recepción

da presente notificación, de acordo co disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da devandita xurisdicción.

Contra a resolución presunta do recurso de reposición, que terá lugar tanscorrido un mes desde a súa interposición sen que fora notificado, poderá vostede interpor recurso contencioso-administrativo ante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de seis meses, contados a partir do día seguinte a aquel en que a resolución do referido recurso de reposición se deberá ter notificado de forma expresa (un mes desde a súa interposición), todo iso de acordo co disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, en relación cos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Arteixo, 30 de novembro de 2001.

P.D. (Decreto 587/1999)

María Isabel Vila Vilas

Primeira tenente de alcalde