Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Mércores, 19 de decembro de 2001 Páx. 16.221

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 10 de decembro 2001, da División de Recursos Económicos, pola que se anuncia concurso, polo procedemento aberto e tramitación anticipada do expediente de gasto, para a contratación de servicios de fisioterapia e rehabilitación funcional ós beneficiarios da Seguridade Social nas áreas sanitarias de Lugo, Burela e Monforte de Lemos.

1. Entidade adxudicataria. Servicio Galego de Saúde, División de Recursos Económicos, Subdirección Xeral de Orzamentos, edificio administrativo San Lázaro, 2ª planta. Teléfono 981 54 27 78; fax 981 54 27 62. Santiago de Compostela.

2. Obxecto do contrato. A contratación de servicios de fisioterapia e rehabilitación funcional ós beneficiarios da Seguridade Social nas áreas sanitarias de Lugo, Burela e Monforte de Lemos.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación. Concurso polo procedemento aberto e tramitación anticipada de gasto.

4. Orzamento base de licitación. Importe máximo previsto dun millón trescentos setenta e catro mil seiscientos noventa e oito euros (1.374.698 euros), coa seguinte distribución:

ExercicioLote 1Lote 2Lote 3Total

2002133.322140.50354.765328.590

2003137.322144.71856.408338.448

2004141.442149.05958.100348.601

2005145.685153.53159.843359.059

Total 557.771 587.811 229.1161.374.698

5. Fianzas e garantías. Non se esixen.

6. Documentos de interese para os licitadores. Os pregos de cláusulas administrativas particulares e prescricións técnicas pódense solicitar na División de Recursos Económicos (Servicio de Xestión de Concertos e Recursos Propios); edificio administra-

tivo San Lázaro, 2ª planta, Santiago de Compostela, en días laborables desde as 9 ata as 14 horas.

7. Solvencia económico-financeira e técnica. Acredítase conforme o establecido nos puntos 4 e 5 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Criterios de adxudicación. Os establecidos no punto 6 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

9. a) Prazo e lugar de presentación das proposicións. As proposicións presentaranse antes das 14 horas do décimo quinto día natural a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, e segundo establece o punto 5.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.

b) Documentación que deberán presenta-los licitadores. Os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares e na forma que nel se sinala.

10. Data de apertura das proposicións. A apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas 2-1 do Sergas (2ª planta), a partir das 9.30 horas do quinto día natural, contado a partir do seguinte a aquel no que finalice o prazo de presentación de ofertas; no caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o seguinte día hábil.

11. Anuncios. Os anuncios deste concurso serán por conta do adxudicatario do contrato.

Santiago de Compostela, 10 de decembro de 2001.

Antonio Fernández-Campa García-Bernardo

Director xeral da División de Recursos Económicos