Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Mércores, 19 de decembro de 2001 Páx. 16.220

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 10 de decembro de 2001, da División de Recursos Económicos, pola que se anuncia concurso, polo procedemento aberto, tramitación anticipada de gasto e trámite de urxencia para a contratación de servicios de transporte sanitario para altas hospitalarias, urxencias non ingresadas e traslados interhospitalarios do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela.

1. Entidade adxudicataria. Servicio Galego de Saúde. División de Recursos Económicos. Subdirección Xeral de Orzamentos; edificio administrativo San Lázaro, 2ª planta. Teléfono: 981 54 27 78; fax: 981 54 27 62. Santiago de Compostela.

2. Obxecto do contrato. A contratación de servicios de transporte sanitario para altas hospitalarias, urxencias non ingresadas e traslados interhospitalarios do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación. Concurso polo procedemento aberto, tramitación anticipada de gasto e trámite de urxencia.

4. Orzamento base de licitación. Importe máximo anual previsto de douscentos corenta e nove mil catrocentos vinte euros (249.420 euros).

5. Fianzas e garantías. Fíxase unha fianza definitiva por importe de nove mil novecentos setenta e seis euros (9.976 euros/1.659.867 pesetas).

6. Documentos de interese para os licitadores. Os pregos de cláusulas administrativas particulares e prescricións técnicas pódense solicitar na División de Recursos Económicos (Servicio de Xestión de Concertos e Recursos Propios); edificio administrativo San Lázaro, 2ª planta, Santiago de Compostela, en días laborables desde as 9 ata as 14 horas.

7. Solvencia económico-financeira e técnica. Acredítase conforme o establecido nos puntos 4 e 5 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Criterios de adxudicación. Os establecidos no punto 6 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

9. a) Prazo e lugar de presentación das proposicións. As proposicións presentaranse antes das 14 horas do oitavo día natural a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, e segundo establece o punto 5.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.

b) Documentación que deberán presenta-los licitadores. Os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares e na forma que nel se sinala.

10. Data de apertura das proposicións. A apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas 2-1 do Sergas (2ª planta), a partir das 9.30 horas do quinto día natural, contado a partir

do seguinte a aquel no que finalice o prazo de presentación de ofertas; no caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o seguinte día hábil.

11. Anuncios. Os anuncios deste concurso serán por conta do adxudicatario do contrato.

Santiago de Compostela, 10 de decembro de 2001.

Antonio Fernández-Campa García-Bernardo

Director xeral da División de Recursos Económicos