Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Mércores, 19 de decembro de 2001 Páx. 16.217

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

RESOLUCIÓN do 22 de novembro de 2001, da Secretaría Xeral da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, pola que se fai pública a adxudicación dos contratos administrativos que se citan.

O secretario xeral, actuando no nome do conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, por delegación de competencia segundo a Orde do 17 de decembro de 1997, resolveu adxudica-los seguintes contratos:

-Obxecto: organización e montaxe dos stands institucionais da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura en diversos certames feirais que terán lugar durante o ano 2002.

Adxudicatario lote nº 1: M.R. & Asociados, S.L.

Importe: 25.114.000 pesetas.

Adxudicatario lote nº 2: Viajes Atlántico, S.A.

Importe: 38.800.000 pesetas.

Adxudicatario lote nº 3: Luis Ferreira Asociados, S.L.

Importe: 79.792.400 pesetas.

-Obxecto: deseño e difusión dunha campaña de mentalización sobre a necesidade de protección dos recursos mariños.

Adxudicatario: J. Walter Thompson, S.A.

Importe: 99.913.987 pesetas.

-Obxecto: deseño, producción e difusión dunha campaña promocional do Mexillón de Galicia.

Adxudicatario: Strategias-Mexillón (U.T.E.).

Importe: 41.268.073 pesetas.

O que se fai público para efectos do previsto no artigo 93 do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, aprobado por Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño.

Santiago de Compostela, 22 de novembro de 2001.

Miguel A. López Sieiro

Secretario xeral da Consellería de Pesca,

Marisqueo e Acuicultura