Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Mércores, 19 de decembro de 2001 Páx. 16.210

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 20 de novembro de 2001, da Secretaría Xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, pola que se fai pública a adxudicación dun contrato de obra.

En cumprimento do previsto no artigo 93 da Lei 13/1995 (Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño), faise público que o secretario xeral, actuando en nome do conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, por delegación de atribucións segundo a Orde do 21 de xuño de 1996, acordou darlle publicidade á adxudicación que se identifica a continuación:

-Ampliación e reforma do IES de Fene (A Coruña).

Adxudicatario: Mantenimiento y Construcciones Alcuba, S.A.

Orzamento: 744.188,56 euros (123.822.558 pesetas).

O que se fai público a efectos do previsto no artigo 93 de la Lei de contratos das administracións públicas (Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño).

Santiago de Compostela, 20 de novembro de 2001.

P.D. (Orde 21-6-1996)

Máximo García Serrano

Secretario xeral da Consellería de Educación

e Ordenación Universitaria