En virtude do establecido nos artigos 4.13º e 34.2º da Lei de Galicia 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, modificada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro, por proposta da conselleira de Asuntos Sociais e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día dezaoito de decembro de dous mil un,
Nomeo a Lucía Molares Pérez delegada provincial da Consellería de Asuntos Sociais en Pontevedra.
Santiago de Compostela, dezaoito de decembro de dous mil un.
Manuel Fraga Iribarne
Presidente
Corina Porro Martínez
Conselleira de Asuntos Sociais