Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Mércores, 19 de decembro de 2001 Páx. 16.202

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

DECRETO 385/2001, do 18 de decembro, polo que se nomea director xeral de Conservación da Natureza a Francisco García-Bobadilla Prósper.

En virtude do establecido nos artigos 4.13º e 34.2º da Lei de Galicia 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, modificada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro, por proposta do conselleiro de Medio Ambiente e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día dezaoito de decembro de dous mil un,

Nomeo a Francisco García-Bobadilla Prósper director xeral de Conservación da Natureza.

Santiago de Compostela, dezaoito de decembro de dous mil un.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

José Carlos del Álamo Jiménez

Conselleiro de Medio Ambiente