Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Mércores, 19 de decembro de 2001 Páx. 16.199

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE SANIDADE

DECRETO 372/2001, do 18 de decembro, polo que se nomea delegada provincial da Coruña a Blanca García Varela.

En virtude do establecido nos artigos 4.13º e 34.2º da Lei de Galicia 1/1983, do 22 de febreiro, modificada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro, reguladora da Xunta de Galicia e do seu presidente, por proposta do conselleiro de Sanidade e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día dezaoito de decembro de dous mil un,

Nomeo a Blanca García Varela delegada provincial da Consellería de Sanidade na Coruña.

Santiago de Compostela, dezaoito de decembro de dous mil un.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

José Mª Hernández Cochón

Conselleiro de Sanidade