Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Mércores, 19 de decembro de 2001 Páx. 16.192

II. AUTORIDADES E PERSOAL

CESAMENTOS:

CONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS

DECRETO 339/2001, do 18 de decembro, polo que se dispón que cese como director xeral de Recursos Mariños Francisco Javier Pereiro Muñoz.

En virtude do establecido nos artigos 4.13º e 34.2º da Lei de Galicia 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, modificada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro, por proposta do conselleiro de Pesca e Asuntos Marítimos e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día dezaoito de decembro de dous mil un,

DISPOÑO:

Que cese, por pase a outro destino, Francisco Javier Pereiro Muñoz como director xeral de Recursos Mariños, agradecéndolle os servicios prestados.

Santiago de Compostela, dezaoito de decembro de dous mil un.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Enrique César López Veiga

Conselleiro de Pesca e Asuntos Marítimos