Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Mércores, 19 de decembro de 2001 Páx. 16.189

II. AUTORIDADES E PERSOAL

CESAMENTOS:

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E DESENVOLVEMENTO RURAL

DECRETO 328/2001, do 18 de decembro, polo que se dispón que cese como director xeral de Producción Agropecuaria Manuel Díaz Cano.

En virtude do establecido nos artigos 4.13º e 34.2º da Lei de Galicia 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, modificada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro, por proposta do conselleiro de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural e logo de deliberación do Consello

da Xunta de Galicia na súa reunión do día dezaoito de decembro de dous mil un,

DISPOÑO:

Que cese Manuel Díaz Cano como director xeral de Producción Agropecuaria, agradecéndolle os servicios prestados.

Santiago de Compostela, dezaoito de decembro de dous mil un.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Juan Miguel Diz Guedes

Conselleiro de Política Agroalimentaria

e Desenvolvemento Rural