Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Martes, 18 de decembro de 2001 Páx. 16.175

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OLEIROS

ANUNCIO (FG-425).

Por resolución desta Alcaldía 5554/2001, do 24 de outubro de 2001, acordouse aprobar inicialmente o estudio de detalle na avda. das Mariñas nº 337, en Perillo, tramitado por Mª Pilar Rodríguez Montero.

Acordouse, así mesmo, proceder á exposición pública do expediente nas oficinas municipais de Urbanismo, de 9 a 13 horas, tódolos días laborables, polo prazo dun mes, a través de anuncios no DOG, prensa e taboleiro de anuncios, que computará desde a derradeira publicación, prazo no que se poderán presenta-las alegacións que se estimen oportunas.

Oleiros, 8 de novembro de 2001.

Esther Pita Pita

Alcaldesa-presidenta