Obra: reforma e ampliación do Centro de Saúde de Cambados (Pontevedra).
Orzamento da contrata: 56.304.234 pesetas, equivalentes a 338.395,26 euros.
Prazo de execución: 6 meses.
Clasificación do contratista: grupo C, subgrupo 2, categoría d.
Garantía definitiva: 4% do orzamento de adxudicación.
Forma de tramitación: urxente.
Variantes ó proxecto: non se admiten.
Exposición de proxectos:
Os proxectos e mailos pregos de cláusulas administrativas particulares poderán examinarse na División de Recursos Económicos, Subdirección Xeral de Investimentos (copistería Copy Belén; r/ Rosalía de Castro, 29-31, teléfono 981 59 99 24) ou nas direccións provinciais do Sergas nas respectivas provincias, en días hábiles das 9 ás 14 horas.
Solvencia económica, financeira e técnica:
Os licitadores terán que acredita-la solvencia económica, financeira e técnica en calquera das formas previstas na Lei de contratos das administracións públicas.
Prazo de presentación de proposicións:
Deberán presentarse en man, no rexistro xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais/Sergas, ou nas direccións provinciais correspondentes, ata o décimo terceiro día natural a partir do seguinte ó da publicación do concurso no Diario Oficial de Galicia ou por correo na forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado.
Documentación que deberán presenta-los licitadores:
No sobre de documentación económica: a establecida na cláusula 8.2 do prego de cláusulas administrativas.
No sobre da documentación persoal: a documentación sinalada na cláusula 8.3 do prego de cláusulas administrativas polas que rexe a adxudicación do contrato.
No sobre da documentación de referencias técnicas: a establecida na cláusula 8.4 do prego de cláusulas administrativas.
Criterios de adxudicación:
Os definidos na cláusula 11 do prego de cláusulas administrativas particulares que rexe este concurso.
Apertura de proposicións:
Será realizada pola mesa de contratación nas dependencias da División de Recursos Económicos, a partir das 9 horas do décimo primeiro día natural seguinte ó de peche do prazo de admisión de ofertas.
No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.
Anuncios:
Os anuncios deste concurso público serán por conta do adxudicatario do contrato.
Santiago de Compostela, 11 de decembro de 2001
P.D. (Decreto 49/1998, do 5 de febreiro).
Antonio Fernández-Campa García-Bernardo
Director xeral da División de Recursos Económicos