Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Martes, 18 de decembro de 2001 Páx. 16.168

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

CÉDULA do 15 de novembro de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, de notificación da resolución recaída no expediente administrativo sancionador e de restitución e reposición da legalidade número 59.50/2000, por presunta infracción da lexislación de costas.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e da Lei 4/1999, que modifica parcialmente a dita Lei 30/1992, notifícaselle á persoa que se relaciona no anexo, na súa condición de promotora, a resolución do delegado desta consellería en Pontevedra, recaída no expediente administrativo sancionador e de restitución e reposición da legalidade, polos feitos sinalados, presumiblemente constitutivos dunha infracción á Lei 22/1988, do 28 de xullo, de costas (no sucesivo L.C.) e ó

seu Regulamento xeral para o desenvolvemento e execución da L.C., aprobado por R.D. 1471/1989, do 1 de decembro, e modificado polos RR.DD. 1112/1992, do 18 de setembro e 1771/1994, do 5 de agosto (no sucesivo R.C.).

Contra esta resolución pódese interpoñer, segundo o artigo 114 e seguintes da Lei 4/1999, de modificación da Lei 30/1992, recurso de alzada perante o conselleiro de Medio Ambiente no prazo dun mes, contado a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Pontevedra, 15 de novembro de 2001.

José Luis Díez Yáñez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: 59.50/00.

Promotor: Matilde Rodríguez González.

Último enderezo coñecido: r/ Remando, nº 6, 36.215, Vigo.

Data da resolución: 8-8-2001.

Feitos: instalación de caravana e construcción de anexo a ela de ladrillo e aluminio, e construcción de peche.

Lugar: praia de Area Brava.

Concello: Cangas.

Resolución: impoñerlle a Matilde Rodríguez González unha sanción de multa de seiscentas corenta e unha mil trescentas sesenta e dúas pesetas (641.362 pesetas), 3.854,66 euros, e ordenarlle volve-los terreos nos que se executaron as obras obxecto deste expediente ó seu primitivo estado, o que deberá realizar no prazo dun mes, desde que sexa definitiva en vía administrativa a resolución que sobre do particular recaia. Transcorrido o prazo sen que se cumprise o ordenado, imporáselle unha multa coercitiva por importe de sesenta e catro mil cento trinta e seis pesetas mensuais (64.136 pesetas), 385,46 euros, ata a súa total execución, procedéndose á súa execución subsidiaria por conta do infractor e á súa custa, no caso de que este non o leve a cabo.