Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Martes, 18 de decembro de 2001 Páx. 16.161

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 5 de decembro de 2001, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN661A 01/07).

Para os efectos previstos no artigo 11 do Decreto 205/1995, do 6 de xullo, da Xunta de Galicia, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 136) sométese a información pública a petición de autorización administrativa da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Jealsa Rianxeira, S.A.

Enderezo: Bodian, s/n, Boiro, 15930 A Coruña.

Denominación: parque eólico de Graiade.

Concello afectado: Porto do Son.

Coordenadas poligonais:

A:(X=499.500;Y=4.730.000) B:(X=502.000;Y=4.730.000)

C:(X=502.000;Y=4.728.000) D:(X=503.000;Y=4.728.000)

E:(X=503.000;Y=4.726.000) F:(X=502.000;Y=4.726.000)

G:(X=502.000;Y=4.722.000) H:(X=498.000;Y=4.722.000)

I: (X=498.000;Y=4.724.000) J: (X=499.000;Y=4.724.000)

K:(X=499.000;Y=4.726.000) L:(X=499.500;Y=4.726.000)

Potencia que se vai instalar: 19,50 MW.

Durante o prazo de vinte días poderanse presentar solicitudes en competencia axustadas ó disposto no artigo 10º do Decreto 205/1995, da Xunta de Galicia.

A Coruña, 5 de decembro de 2001.

Manuel Estévez Mengotti

Delegado provincial da Coruña en funcións