Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.
Denominación: L.M.T.S., C.T.C. Paseo Barro Soto.
Situación: Ortigueira.
Descricións técnicas: L.M.T.S. a 20 kV de 310 m de lonxitude en conductor R.H.V., de 240 mm de Al, que parte do C.T. Mourón pasando polo C.T. Paseo Barro Soto e final na L.M.T. existente de Ortigueira. Centro de transformación prefabricado de 400 kVA. Concello de Ortigueira.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examina-lo expediente e presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.
A Coruña, 31 de outubro de 2001.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña