Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Martes, 18 de decembro de 2001 Páx. 16.159

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 30 de outubro de 2001, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 01/381).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Electra de Jallas, S.A.

Domicilio social: praza da Constitución, nº 17, 15270 Cee, A Coruña.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. A Revolta.

Situación: Carballo.

Descricións técnicas: liña de media tensión núa a 20 kV, cunha lonxitude de 0,02 km, con orixe no apoionº 8 da L.M.T. C.B.L. 809 Santa Comba, conductor tipo LA-56/54,6 mm, e final no C.T. A Revolta. Centro de transformación intemperie cunha potencia de 100 kVA e unha relación de transformación de 20.000/380-220 V. Concello de Carballo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examina-lo expediente e presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 30 de outubro de 2001.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña