Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Martes, 18 de decembro de 2001 Páx. 16.158

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 15 de novembro de 2001, do Servicio de Informes e Recursos da Dirección Xeral de Transportes, pola que se notifican as denuncias por infracción da normativa vixente en materia de transportes terrestres devoltas polo servicio de correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios ou ben porque intentada a notificación non se puido efectuar (expediente DX-00363-S-2001 e dous máis).

Por medio desta cédula notifícaselles ós denunciados, cos datos e último enderezo coñecido que se sinal no anexo, as denuncias que se formularon contra eles. Por este motivo, iniciáronse cos números que se indican, os correspondentes expedientes sancionadores que poden dar lugar ás sancións que tamén se citan.

Fáiselles sabe-lo dereito que os asiste de alegaren por escrito perante este Servicio de Informes e Recursos o que consideren conveniente, achegando ou propoñendo as probas que coiden oportunas dentro dos quince días hábiles seguintes ó da publicación desta cédula.

Para que conste, lles sirva de notificación ós citados denunciados, e en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula en Santiago de Compostela o 15 de novembro de 2001.

Alberto Eiras Martínez

Xefe do Servicio de Informes e Recursos

da Dirección Xeral de Transportes

ANEXO

-Expediente-Matrícula-Denunciante-Denunciado-Último enderezo coñecido-Feito denunciado-Data-Hora-Estrada-p.k.-Precepto

infrinxido

-Precepto

sancionador

-Sanción

proposta

DX-00363-S-2001

C-7264-AU

Policía autonómica

Emilio Pérez Agilda

Taroeira Ortoño, 15, 15864 Ames (A Coruña)

Realizar transporte de mercadorías (peixe fresco) co vehículo matrícula C-7264-AU, carecendo do certificado de autorización especial para o transporte de mercadorías perecedoiras. Segundo denuncia formulada polos funcionarios do corpo da policía autonómica con carnés profesionais nº 72.310 e 79.924.

16-6-2001; 10

Artigo 7 do Real decreto 237/2000, do 18 de febreiro, sobre transporte de productos alimentarios a temperatura regulada (BOE nº 65, do 16 de marzo)Artigo 143 da Lei 16/1987 e artigo 201 do R.D. 1211/199050.000 ptas.

300,51 euros

DX-00388-S-2001

P-3763-AT

Policía autonómica

Moisés Rodríguez González

Avda. Feria, 10-2º dta.,

360 Marín (Pontevedra)

Realizar transporte de mercadorías (peixe) co vehículo matrícula PO-3763-AT, carecendo do certificado de autorización especial para o transporte de mercadorías perecedoiras. Segundo denuncia formulada polos policías do Grupo de Ambiente da Xefatura Local da Policía autonómica de Vigo con carnés profesionais nº 75.614 e 76.197.

3-8-2001; 12.35

Artigo 7 do Real decreto 237/2000, do 18 de febreiro, sobre transporte de productos alimentarios a temperatura regulada (BOE nº 65, do 16 de marzo)Artigo 143 da Lei 16/1987 e artigo 201 do R.D. 1211/199050.000 ptas.

300,51 euros

DX-00391-S-2001

PO-3867-BN

Policía autonómica

Marcelina Taboas Rey

Cesantes Bo, Carballido, 118,

36800 Redondoa (Pontevedra)

Realizar transporte de mercadorías (peixe) co vehículo matrícula PO-3867-BN, carecendo do certificado de autorización especial para o transporte de mercadorías perecedoiras. Segundo denuncia formulada polos policías do Grupo de Ambiente da Xefatura Local da Policía autonómica de Vigo con carnés profesionais nº 75.614 e 76.197.

1-8-2001; 10

Artigo 7 do Real decreto 237/2000, do 18 de febreiro, sobre transporte de productos alimentarios a temperatura regulada (BOE nº 65, do 16 de marzo)Artigo 143 da Lei 16/1987 e artigo 201 do R.D. 1211/199050.000 ptas.

300,51 euros