Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Luns, 17 de decembro de 2001 Páx. 16.072

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO (MPG-3/2001).

O Concello Pleno, en sesión realizada o 12 de novembro de 2001, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Primeiro.-Aprobar inicialmente a modificación puntual do PXOM, que afecta ó sistema xeral viario, VG-06 e VG-S9.02 Valle de Mesoiro, promovido polo concello.

Segundo: proceder á exposición pública do documento polo prazo dun mes, anunciándose así no Diario Oficial de Galicia e nos xornais La Voz de Galicia e El Ideal Gallego.

Terceiro.-Remitir un exemplar do documento á deputación provincial para que emita informe no prazo dun mes.

O que se fai público para xeral coñecemento, co fin de que á vista do expediente se poidan formula-las alegacións que se consideren pertinentes durante o prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. O expediente pode consultarse no Servicio de Urbanismo, oficina de planeamento, sito na avenida da Mariña, 18, en horario laboral das 12 ás 14 horas, de luns a venres.

A Coruña, 5 de decembro de 2001.

Salvador Fernández Moreda

Concelleiro delegado de Urbanismo