O director-xerente do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña, en virtude das competencias que ten atribuídas na orde da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais do 21 de abril de 1998 (DOG nº 88, do 11 de maio), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servicio Galego de Saúde, no seu artigo 7, modificada pola Orde do 23 de marzo de 2000 (DOG nº 104, do 30 de maio), e coa autorización expresa prevista nesa mesma norma, unha vez cum
pridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-la licitación que a seguir se cita:
Nº referencia expediente: C. 100/2002.
Obxeto: subministración de deterxentes e productos químicos.
Orzamento total: 81.900 A (13.627.013,40 pesetas).
Garantía provisional: o 2% do orzamento de licitación.
Non existen lotes.
I. Forma de adxudicación: concurso, polo procedemento aberto e tramitación anticipada, de subministracións sucesivas.
II. Prazo de execución: ver prego de cláusulas administrativas particulares.
III. Admisión de variantes: non se admitirá a presentación de variantes.
IV. Solvencia económica, financeira e técnica: ver prego de cláusulas administrativas particulares.
V. Criterios de adxudicación: ver prego de cláusulas administrativas particulares.
VI. Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria poden ser solicitados no Servicio de Contratación do Complexo Hospitalario (planta semisoto do edificio do Hotel de Pacientes, anexo ó Hospital Juan Canalejo). As Xubias de Arriba, 84. 15006 A Coruña, en días laborais dende as 9 ás 14 horas. Teléfono: 981 17 80 73. Fax: 981 17 80 32, ou a través da páxina web do sergas: http://www.sergas.es.
VII. Presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinadas polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral do Complexo Hospitalario Juan Canalejo (planta baixa do Hospital Juan Canalejo), antes das 14 horas do décimo quinto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou mandadas por correo, dentro do prazo sinalado.
VIII. Apertura das proposicións: terá lugar na sala de xuntas da Xerencia do Complexo Hospitalario (planta baixa do Hotel de Pacientes), a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.
IX. Documentación que deberán achega-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.
X. Anuncios: os anuncios do presente concurso serán por conta do adxudicatario do contrato.
A Coruña, 27 de novembro de 2001.
Jesús Caramés Bouzán
Director xerente do Complexo Hospitalario
Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña