Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Fenosa, S.A.
Domicilio social: travesía de Vigo, 204, 36207 Vigo.
Denominación: L.M.T. Vilalonga-Gondar-Pedreiras.
Situación: concello de Sanxenxo.
Descricións técnicas: L.M.T., subterránea, a 20 kV, de 2.130 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., desde a subestación de Vilalonga ata un apoio que se vai intercalar na L.M.T. ó C.T. de Nantes, en Pedreiras, no concello de Sanxenxo.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións, nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.
Pontevedra, 29 de outubro de 2001.
Carmen Bianchi Valcarce
Delegada provincial de Pontevedra