Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Fenosa, S.A.
Domicilio social: travesía de Vigo, 204, 36207 Vigo.
Denominación: reforma C.T. Trasdaveiga.
Situación: concello de Catoira.
Descricións técnicas: C.T. de 250 kVA, relación de transformación 20 kV-380/220 V, en Trasdaveiga, no concello de Catoira.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións, nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.
Pontevedra, 29 de outubro de 2001.
Carmen Bianchi Valcarce
Delegada provincial de Pontevedra