Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Luns, 17 de decembro de 2001 Páx. 16.048

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 19 de novembro de 2001, da Dirección Xeral de Tributos, polo que se relaciona resolución de expediente de derivación de responsabilidade pendente de notificar e se empraza a José Luis Suárez Díaz para ser notificado por comparecencia.

De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, segundo a redacción dada pola Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas

e da orde social, relaciónase resolución de expediente de derivación de responsabilidade pendente de notificar, despois de tentada a notificación persoal por dúas veces, e emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia.

A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, diante do Servicio Central de Recadación desta Dirección Xeral de Tributos, con enderezo en San Caetano nº 3, soto, en horario de 9 a 14 horas de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Santiago de Compostela, 19 de novembro de 2001.

María Casais Mira

Directora xeral de Tributos

ANEXO

Debedor: José Luis Suárez Díaz.

NIF/CIF: 34923995-J.

Importe: 30.000 pesetas, 180,30 euros.

Zona de recadación: Ourense.