Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Venres, 14 de decembro de 2001 Páx. 15.972

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE TOMIÑO

EDICTO sobre o escudo do concello de Tomiño.

Aprobada polo pleno deste Concello, es sesión do día 27 de outubro de 2001, a proposta do escudo para este Concello de Tomiño, realizada pola Comisión de Heráldica, de conformidade co disposto no Decreto nº 258/92, do 10 de setembro, da Consellería de Presidencia, para o recoñecemento oficial do citado emblema sométese o expediente a exposición pública polo prazo dun mes a partir da publicación deste edicto no DOG, podendo os interesados no citado prazo presenta-las alegacións e reclamacións que estimen convenientes. De non presentarse, entenderase definitivamente aprobada a proposta de escudo.

Tomiño, 15 de novembro de 2001.

José Luis Fernández Lorenzo

Alcalde