Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Venres, 14 de decembro de 2001 Páx. 15.971

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO de información pública.

A Comisión de Goberno do Concello de Santiago de Compostela, na sesión que tivo lugar o día 29 de outubro de 2001, aprobou inicialmente o estudio de detalle da unidade de intervención número 5 (UI-5) do Plan especial de protección e rehabilitación da cidade histórica (PE-1), promovido polo Ministerio de Educación e Cultura.

O ámbito obxecto de ordenación atópase delimitado pola rúa da Costa Nova ó norte, e da Costa Vella ó sur, e a avenida Xoán XXIII ó oeste.

En cumprimento do que dispón o artigo 44.3º da Lei 1/1997, do solo de Galicia (LSG), o expediente sométese a información pública durante o prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, e nun xornal de circulación na provincia. Durante este prazo, os interesados poderán consulta-lo expediente na Sección de Planeamento e Xestión e formular por escrito as alegacións que xulguen oportunas.

Santiago de Compostela, 13 de novembro de 2001.

Luís Toxo Ramallo

Concelleiro delegado de Urbanismo