Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Venres, 14 de decembro de 2001 Páx. 15.971

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OLEIROS

ANUNCIO (FG-427).

Por resolución desta Alcaldía nº 5555/01, do 24 de outubro de 2001, acordouse aprobar inicialmente o estudio de detalle na parcela sita na avda. Emilia Pardo Bazán, esquina rúa O Curruncho, en Dorneda, tramitado por Mª Carmen Pardo Fernández.

Acordouse, así mesmo, proceder á exposición pública do expediente nas oficinas municipais de Urbanismo, de 9 a 13 horas tódolos día laborables, polo prazo dun mes, a través de anuncios no DOG, prensa e taboleiro de anuncios, que computará desde a derradeira publicación, prazo no que se poderán presenta-las alegacións que se estimen oportunas.

Oleiros, 9 de novembro de 2001.

Esther Pita Pita

Alcaldesa-presidenta