Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Venres, 14 de decembro de 2001 Páx. 15.970

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA GUARDA

ANUNCIO.

Aprobado polo Pleno do Concello da Guarda o prego de cláusulas administrativas e técnicas que rexerán a concesión do servicio de explotación e mantemento da piscina municipal o pasado 30 de novembro, anúnciase a contratación, por procedemento aberto e sinálase o prazo de presentación de proposicións para tomar parte nel.

1. Entidade adxudicadora.

Organismo: Pleno do Concello da Guarda.

2. Obxecto do contrato.

Descrición: concesión da explotación e mantemento das instalacións deportivas do servicio público da piscina municipal cuberta-climatizada.

Prazo de concesión: cinco anos prorrogables (base quinta do prego).

3. Tramitación, procedemento e forma.

Tramitación: urxente.

Procedemento: concurso en procedemento aberto.

Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Canon: será fixado polos licitadores (base 13).

Criterios de selección para a adxudicación da obra: base vixésimo segunda do prego.

5. Garantías.

Provisional: 100.000 pesetas.

Definitiva: 2.000.000 de pesetas.

6. Obtención de documentación e información.

Entidade: rexistro xeral do Concello da Guarda.

Domicilio: Praza do Reló.

Data límite para solicitar información: oito días contados desde a súa publicación no BOP.

7. Presentación de ofertas.

Prazo: oito días contados desde a súa publicación no BOP.

Documentación: cláusula 19.2º do prego.

Lugar de presentación: rexistro xeral do Concello da Guarda.

8. Apertura de ofertas.

Entidade, domicilio e localidade: Concello da Guarda, Praza do Reló.

Data e hora: o día hábil seguinte a aquel no que finalice o prazo de presentación de ofertas, na sala de de plenos do concello, ás 12 horas.

9. Gastos de anuncios.

Serán por conta do concesionario.

A Guarda, 4 de decembro de 2001.

José Luis Alonso Riego

Alcalde