Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Venres, 14 de decembro de 2001 Páx. 15.967

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 23 de novembro de 2001, da Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela, pola que se anuncia concurso público para a contratación de subministración sucesiva de coello, polo e bacallao para este complexo hospitalario, mediante procedemento aberto e ordinario. (Expediente 88/2001).

A Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido na Orde do 21 de abril de 1998, modificada pola Orde do 23 de marzo de 2000, ámbalas dúas da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve convoca-lo seguinte concurso público:

Obxecto: subministración suvesiva de coello, polo e bacallao para o CHUS, estructurado en tres lotes.

Orzamento estimado: cento noventa e cinco mil oitocentos setenta e tres euros con oitenta e seis céntimos (195.873,86 euros), IVE incluído, trinta e dous millóns cincocentas noventa mil seiscentas sesenta e oito pesetas (32.590.668 pesetas).

Garantías:

a) Provisional: 2% do orzamento de licitación (3.917,48 euros, 651.813 pesetas).

b) Definitiva: 4% do orzamento de licitación (7.834,95 euros, 1.303.627 pesetas).

Constituiranse segundo o disposto nos artigos 35 e 36, respectivamente, do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto

refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

Forma de adxudicación: concurso público, procedemento aberto e ordinario.

Prazo de execución: doce meses, desde o 1 de xaneiro de 2002 ou desde a data da sinatura do contrato se fose posterior. Admite prórroga.

Admisión de variantes: non se admitirá a presentación de variantes.

Solvencia económica, financeira e técnica: acreditación libre atendendo ós criterios do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

Criterios de adxudicación: véxase punto 13 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria pode ser solicitada no Departamento de Contratación Administrativa do Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela, edificio B, planta 1ª, A Choupana, s/n, 15706, Santiago de Compostela, en días laborables desde as 9 ata as 14 horas.

Presentación de proposicións: as proposicións deberán presentarse en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral do Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela, edificio B, planta 1ª, A Choupana, s/n, 15706, Santiago de Compostela, antes das 14 horas do décimo quinto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou por correo no xeito indicado no prego de cláusulas administrativas particulares. No caso de que o último día coincida en sábado ou festivo, o prazo de presentación finalizará o seguinte día hábil.

Apertura de proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas do Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela ás 10 horas do oitavo día natural contado a partir do seguinte a aquel no que finalice o prazo de presentación de ofertas; en caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

Documentación que deberán achega-los licitadores: a documentación que figura no prego de cláusulas administrativas particulares.

Anuncios: os anuncios deste concurso público serán por conta do adxudicatario do contrato.

Santiago de Compostela, 23 de novembro de 2001.

Jordi Riba i Hibernón

Xerente xeral do Complexo Hospitalario

Universitario de Santiago de Compostela