Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Venres, 14 de decembro de 2001 Páx. 15.956

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 25 de outubro de 2001, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 01/157-2, 5729 A.T.).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no capítulo VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Fenosa.

Domicilio social: avda. de Arteixo 171, 15007 A Coruña.

Denominación: R.B.T. en Formigueiros e Suñide.

Situación: Samos.

Características técnicas: L.B.T. aérea con lonxitude de 0,925 km con orixe no C.T. Formigueiros conductor tipo R.Z. L.B.T. aérea con lonxitude de 0,445 km con orixe no C.T. Suñide e conductor tipo R.Z.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Lugo, 25 de outubro de 2001.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo