Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Venres, 14 de decembro de 2001 Páx. 15.955

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 23 de outubro de 2001, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 01/152-2, 5728 A.T.).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no capítulo VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo 171, 15007 A Coruña.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. en Portafontao e O Pumar.

Situación: Pantón.

Características técnicas: L.M.T. aérea a 20 kV con lonxitude de 0,81 km con orixe na L.M.T. Monforte de Lemos-Escairón conductor tipo LA-56 e final en C.T. do Fontao. C.T. intemperie con potencia de 50 kVA e relación de transformación 20.000/380-220 V. L.B.T. aérea con lonxitude de 0,72 km con orixe en C.T. do Fontao e conductor tipo R.Z.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Lugo, 23 de outubro de 2001.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo