Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Xoves, 13 de decembro de 2001 Páx. 15.926

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 4 de decembro de 2001 pola que se convoca concurso, con procedemento aberto e tramitación urxente, para a contratación da asistencia á deputación para o deseño e desenvolvemento da xestión do imposto sobre o incremento do valor dos terreos de natureza urbana e deseño da xestión catastral dos bens inmobles de natureza urbana e rústica. (Expediente 10004/2001).

Obxecto: asistencia á deputación para o deseño e desenvolvemento da xestión do imposto sobre o incremento do valor dos terreos da natureza urbana e deseño da xestión catastral dos bens inmobles da natureza urbana e rústica.

Orzamento: 10.000.000 de pesetas (60.101,21 euros) (IVE incluído).

Forma de adxudicación: concurso con procedemento aberto.

Garantía provisional: non se esixe.

Garantía defintiva: 4% do importe de adxudicación.

Información: Servicio de Patrimonio e Contratación.

Proposicións: ata as 13 horas dentro do prazo de 8 días naturais contados desde o seguinte ó da publicación do anuncio no BOP ou DOG.

Anuncio extenso: BOP da Coruña.

A Coruña, 4 de decembro de 2001.

José Luís Torres Colomer

Presidente da Deputación Provincial da Coruña

José Luis Almau Supervía

Secretario da Deputación Provincial da Coruña